O Celta presenta un cambio na súa comunicación de marca
O equipo vigués anuncia que se presentará só como 'Celta' nos espazos de comunicación da marca
Tamén comunicou a creación da tipografía 'Sempre Celta' e 'pequenos axustes técnicos' no escudo

O Celta informou este luns de que dá “un novo paso na súa historia” cunha actualización da súa marca, a cal ten como obxectivo reforzar “a súa personalidade, profundar nas súas raíces e proxectar con máis forza a súa identidade galega e celeste”. A partir de agora, o club vigués, presidido por Marian Mouriño pasará a presentarse como ‘Celta’ en todos os espazos vinculados á súa comunicación de marca, aínda que ‘Real Club Celta’, ‘Celta de Vigo’ ou ‘RC Celta’ tamén serán denominacións válidas segundo expresou no comunicado.
Os afeccionados e afeccionadas coñecen o club como simplemente 'Celta', polo que a entidade considera que este cambio fai a marca máis autentica e próxima. Na súa nova identidade, o Celta tamén aplicará “pequenos axustes técnicos” no deseño do seu escudo.
Entre as principais novidades destaca a creación da tipografía Sempre Celta, desenvolvida específicamente para o club. Esta nova familia tipográfica está inspirada no arte, o territorio e a tradición galega, e dalle un estímulo visual á personalidade coa que e identifica o RC Celta de Vigo: con orgulo, valentía e con carácter propio.
Como parte deste proceso e renovación, o club tamén adoptará celta.gal como novo dominio web principal. Nas próximas semanas, todas as plataformas dixitais irán migrando do actual rccelta.es a celta.gal, consolidando así a aposta do Celta por “poñer en valor a lingua, a cultura e a identidade de Galicia tamén no ámbito dixital”.