Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid cae ante un País Saint-Germain superior (4-0) e queda fóra da final do Mundial

O Real Madrid cae ante un País Saint-Germain superior (4-0) e queda fóra da final do Mundial

Os erros defensivos castigaron o conxunto branco, que xa perdía 3-0 antes da media hora

O París Saint-Germain buscará o título mundial contra o Chelsea na final

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 09/07/2025 22:59

O Real Madrid despediuse do Mundial de Clubs do xeito máis cruel, cunha goleada ante o París Saint-Germain de Luis Enrique, que sentenciou na primeira media hora aproveitando os erros defensivos para citarse co Chelsea na final desta primeira edición do Mundial de Clubs da FIFA.

O París Saint-Germain saíu en tromba, e obrigou a Courtois a empregarse a fondo un par de veces nos primeiros minutos, a remates de Fabián e Doue. No minuto seis, logo dun novo erro da defensa, o porteiro xa non puido evitar o remate de Fabián nun rexeitamento, que se convertía no 1-0. Errou Asencio nese gol, e tamén Rudiger so tres minutos despois, o que lle permitiu volver marcar a Dembelé. Un 2-0 que deixaba as cousas moi difíciles.

Estirouse o Real Madrid á busca de meterse no partido, pero o PSG controlaba ben a situación, e utilizou as súas mellores armas: nunha contra cazaba o terceiro do partido. Un tres para un que resolveu Fabián con sangue frío para marcar o seu segundo tanto no partido, un 3-0 que noqueaba os brancos.

O treito final da primeira metade, tras a pausa de hidratación, rexistrou unha clara ocasión de Kvaratskhelia, que rematou desviado.

A segunda metade comezaba con susto: o PSG marcaba aos dous minutos noutra contra, pero o tanto quedaba anulado por fóra de xogo de Dembelé. Esta continuación serviu para outras cousas, para despedir a Luca Modric, que entrou para disputar a súa última media hora coa camiseta do equipo branco. E tamén volveron ao campo Militão e Carvajal logo das súas lesións. O brasileiro tivo unha boa ocasión para reducir as diferenzas, pero a súa cabezada marchou desviada. E, despois, tamén un remate desde a frontal que sacou Donnarumma.

Para os últimos dez minutos, Xabi Alonso reservou a entrada do galego Lucas Vázquez, que tamén se despedía do club branco despois de tantos anos. Pero aínda quedaba a última labazada. Gonzalo Ramos resolveu un ataque dos parisienses para redondear a malleira a prol dos de Luis Enrique, que se citan co Chelsea na gran final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade