Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión queda atrapado nunha estrada en Nigrán por seguir as ordes do GPS

Un camión queda atrapado nunha estrada en Nigrán por seguir as ordes do GPS

O camioneiro meteuse por unha vía que só era apta para turismos

Estivo un día encaixado na casa do cura de Nigrán

G24.gal 11/07/2025 15:31

Un camioneiro ucraíno quedou atrapado nunha estrada estreita en Nigrán mentres seguía as instrucións do GPS. O tráiler quedou encaixado na casa do cura da vila, onde permaneceu 24 horas.

O condutor seguiu as ordes do GPS e meteuse por unhas pistas da Ramallosa que contan con sinais especificando que son aptas para turismos. 

Ao tratar de meterse, comezou a rascar nas casas e, en lugar de dar volta e ir por outro camiño, seguiu cara adiante por esa estrada.

O vehículo encaixouse no balcón da casa do cura de Nigrán. 

Varios compañeiros da empresa acudiron para axudar a sacar o camión, pero aínda que manobraban, non daba librado do balcón e, cando si o facía, non daba virado.

Como solución, descargaron o tráiler e saíron de recú. Como axuda extra, cando non daba manobrado, unha carretilla hidráulica levantaba o remolque. 

Finalmente, o camión puido continuar un día despois e a vía quedou libre para os veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade