Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un chofer ruso tapona cun tráiler unha aldea en Soutomaior seguindo a ruta co GPS

Un chofer ruso tapona cun tráiler unha aldea en Soutomaior seguindo a ruta co GPS

O condutor non atendeu os sinais que prohiben o paso de camións pesados por Cortellas

Fixeron falta dous guindastres e unha tradutora de ruso para sacalo do sitio

G24.gal 18/11/2025 14:27

Cando Sergei quixo recuar era demasiado tarde. Acababa de atrancar o seu tráiler no acceso a esta aldea de Soutomaior. 

Fixeron falta dous guindastres, moitos intentos e unha tradutora de ruso para retiralo do lugar. Os veciños non perderon a paciencia, malia quedaren incomunicados, e ofreceron comida e teito ao condutor.

Non e a primeira vez que o GPS trae por esta estrada os camioneiros que van para Ponte Caldelas. Por iso dous sinais, un deles en inglés, advirten da prohibición un quilómetro antes. Pero neste caso, non fixeron efecto. 

Á última hora do luns, a estrada quedaba despexada. E Sergei puido seguir camiño cara a Ponte Caldelas, para cargar a mercadoría e levala á República Checa, destino ao que chegará cun día e medio de atraso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos