Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparatoso accidente dun tráiler que quedou atravesado na medianeira da A-52, no Porriño

Aparatoso accidente dun tráiler que quedou atravesado na medianeira da A-52, no Porriño

Malia que acudiu inicialmente unha ambulancia, non foi precisa a intervención dos sanitarios, xa que o condutor quedou ileso

Imaxe do tráiler accidentado na A-52 Imaxe do tráiler accidentado na A-52
G24.gal 12/01/2026 12:04 Última actualización 12/01/2026 12:44

Espectacular accidente no concello pontevedrés do Porriño esta mañá. Un tráiler con matrícula estranxeira saíu da vía na A-52, fixo a tesoira e ocupou un carril sentido Vigo.

O accidente producíase contra as sete da mañá segundo informou tráfico. Un tráiler duns 10 metros de longo saíu da vía, por motivos que se están a investigar, no punto quilométrico 300, que corresponde ao concello do Porriño, que circulaba dirección norte, sentido Vigo.

Froito do accidente o tráiler fixo a tesoira, espetou contra a medianeira e o remolque ocupou un carril da vía. Afortunadamente non se produciu ningún choque, xa que a estrada tiña pouco tráfico a esa hora.

Tampouco houbo feridos, e a cabina do condutor está intacta, pero aínda así acudiu ao lugar unha ambulancia.

Axentes da Garda Civil regulan o tráfico ata que o vehículo se saque da vía. O sinistro non produciu retencións importantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade