Os portugueses, os europeos que menos gastan nas vacacións
Os portugueses son os europeos que menos gastan nas vacacións, uns 1.500 euros
Máis do 80% dos portugueses quere viaxar ao estranxeiro, aínda que sexa recortando a estadía
"Estamos na piscina, e a maior parte dos que están alí son portugueses" explica un turista
Marlene e Rui levan 6 anos veraneando en Sanxenxo. Eles son do Porto, coma outros compatriotas que tamén repiten. E que buscan?
"A praia, a calma e o sosego para os nenos", é o que di apreciar máis outro viaxeiro
O visitante portugués segue sendo un habitual nas Rías Baixas, en lugares como Baiona, Vigo ou en Sanxenxo, onde é un turista moi querido, que repite ano tras ano. Iso si, cun presuposto máis modesto ou con estadías máis curtas
"Utilizan máis as cociñas e van máis ao súper. Permítense unhas estadías máis curtas para poder descansar, pero cun presuposto máis axustado", ecplica Dulcinea Aguín, presidenta de Aviturga.
Segundo este estudo, os portugueses destinan de media uns 1.500 euros ás vacacións. Son os europeos que menos gastan.
No Salnés, hai sitios para todos os perfís e todos os presupostos.
"Hai plans de todo tipo, para perfil de alto poder adquisitivo ou máis baixo, pero tamén para os que veñen só pasear e desfrutar das paisaxes e da gastronomía", explica Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.
A media europea de presuposto das vacacións roza os 2.000 euros, moi lonxe dos máis de 3.200 que destinan os australianos.