A vendima máis temperá da historia nas Rías Baixas
Hai adegas que levan días collendo uva e outros anos empezaban a mediados de setembro
Algunhas adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas levan xa case unha semana collendo uvas. O verán seco que tivemos con case corenta días sen choiva permitiu que o froito estea maduro e que esteamos a vivir unha das vendimas máis temperás da historia.
Comprobámolo nunha das 3.500 parcelas que xestiona a cooperativa Martín Códax na finca da Lomba dacabalo entre Meis, Ribadumia e Cambados. Outros anos vendiman a mediados de setembro ou mesmo en outubro, aínda que a uva para escumoso recóllese antes.
Vendimar en agosto todo son vantaxes, os días son máis longos e hai sempre marxe para facer unha vendima escalonada. A calor tamén evitou que as vides precisasen tratamentos sanitarios.
Sobre o papel as previsións da Denominación de Orixe Rías Baixas son moi boas; estímase que se recollerán 50 millóns de quilos de uva, un 20% máis que o ano anterior. Tamén prevía a D.O. unha alta calidade.