Cargando resultados...
Morre unha muller de 67 anos ao derrubarse unha parte da súa vivenda en Cartelle
A placa de formigón do segundo piso cedeu e acabou derrubándose sobre o primeiro
G24.gal
08/01/2026 19:28
Última actualización 08/01/2026 21:19
Unha muller de 67 anos faleceu na tarde deste xoves ao derrubarse parte da casa en que vivía en Cartelle. O suceso ocorreu arredor das 17:45 horas desta tarde.
O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, Bombeiros de Ourense, GES de Terras de Celanova e voluntarios de Protección Civil de Cartelle.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias comprobaron que se trataba dunha casa con dúas plantas: a placa de formigón do segundo piso cedeu e acabou derrubándose sobre o primeiro.