Cargando resultados...
Denuncian o roubo de dúas participacións premiadas no sorteo do Neno no Porriño
Dous compañeiros de traballo aseguran que lle desapareceron as papeletas agraciadas con 15.000 euros
G24.gal
08/01/2026 21:33
No Porriño, dúas persoas aseguran que lles desapareceron cadansúa participación agraciada co segundo premio no Sorteo do Neno.
Trátase de dous compañeiros de traballo, que ante os feitos decidiron denunciar a perda ou un posible roubo.
Os boletos foran premiados con 15.000 euros cada un, pero a falta da participación fai imposible o seu cobro.