Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha adega galega entre as mellores do mundo

Unha adega galega entre as mellores do mundo

A adega Granbazán foi recoñecida entre as cen mellores a nivel internacional

Situada no Salnés, destacan o seu edificio de estilo indiano e azulexos azuis

G24.gal 13/11/2025 21:29 Última actualización 13/11/2025 21:50

A Bodega Granbazán foi distinguida como a única adega galega que forma parte da listaxe que fai unha prestixiosa plataforma encargada de seleccionar os cen mellores viñedos do mundo.

Anabel García, directora de Eventos e Enoturismo da adega, explica que nesta distinción tívose en conta "a calidade das visitas á bodega, así como do viño e dos viñedos".

Desde Vilanova de Arousa, ao estilo de castelo francés, unha construción revestida de azulexo azul e aires indianos preside o terreo de Tremoedo, froito da inspiración do primeiro propietario nunha viaxe polos viñedos franceses.

Ao seu arredor, esténdense 36 hectáreas de cepas de Albariño, de onde saen viños como o Acio de Ouro Granbazán Etiqueta Ámbar.

Son viños, segundo Anabel García, que fan sentir "a inspiración do Atlántico" cando se beben.

​​​​Pero na última distinción da Bodega Granbazán non só destaca a calidade do viño, tamén se valoran as experiencias que se ofertan arredor do seu Albariño referente na Denominación de Orixe Rías Baixas. Os viños galegos, nesta ocasión desde O Salnés, volven chamar a atención do mundo unha vez máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade