Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven as cámaras dixitais de principios de século

Volven as cámaras dixitais de principios de século

Na era da intelixencia artificial, volve o gusto polo natural, sen retoques nin manipulacións

É o espírito que hai detrás da elevada demanda das cámaras dixitais dos anos 2000, que se están revalorizando no mercado de segunda man

G24.gal 08/04/2026 14:02

As que nos deixan as cámaras do cambio de século son imaxes irrepetibles. Unha instantánea no Obradoiro en que se move o fotógrafo porque non hai zoom, a praia das Catedrais sen filtros ou esa maneira de suxeitar a cámara, en horizontal e a dúas mans.

"Eu, por exemplo, emprego as dos meus pais, de cando eran novos. É un recordo de algo que usaron eles, sígoo usando eu e quedan na tradición", comenta unha moza, da denominada xeración Z.

Están volvendo as cámaras dixitais de principios do século XXI, tanto que xa se disparou o prezo no mercado de segunda man. Imos a unha tenda para comprobalo.

"Quítanchas das mans. Unha cámara que hai 2-3 anos se vendía en 15 ou 20 euros, hoxe pode chegar aos 200", confirma Jaime Álvarez, xerente da tenda Locotoo de Ourense. 

O maior inconveniente son as tarxetas de memoria

"Agora que hai móbiles de 1 ou 2 teras, nestas cámaras eran tarxetas de memoria de 64 ou 32 megas", explica Jaime.

Que é o que busca entón a xeración Z nestas cámaras máis vellas ca eles?

"Recolle mellor a imaxe. Eu penso que ten o toque 'vintage' que se leva moito agora", conclúe unha moza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade