Sen data para a apertura total da autovía Lugo-Santiago, a A-54
O ministro de Transportes, Óscar Puente, di que será pronto, pero non aclara cando
Quedan por rematar os últimos 16 quilómetros do treito Arzúa-Melide. Esta vía encadea máis de dúas décadas de atrasos.
Da conexión de Lugo e Santiago por autovía...
"Xa o apercibo de que pronto estaremos alí inaugurando o último treito", di o ministro de Transportes, Óscar Puente.
Pero o ministro de novo non dá unha data de apertura total da A-54.
"É unha máis do abandono que sofre a provincia de Lugo", asegura Jose Fernández, presidente de Tradime.
Os usuarios non ven o final dunha obra que se iniciou hai xa dúas décadas.
"Nada, nada, está todo parado", di un home, e outro comenta: "Estase prolongando moito".
Poucos confían en vela aberta pronto.
"Como moi pronto para final de ano si está", di un home.
Faltan só 16 quilómetros, o treito entre Arzúa e Melide, pero que son vitais para as rutas do transporte.
"Todo o que vén da Meseta cara a Santiago, Vilagarcía, Vigo, entra por Nadela pola A-54 ata Santiago", di o presidente da asociación de transportes Tradime.
Para o que si hai data é para a apertura da estación intermodal, será en xuño.
"Temos que ir dando pasos pero nosoutros vamos seguir demandando que Lugo non se quede a marxe da alta velocidade", asegura Jesús Vázquez, da plataforma Lugo, non perdas o tren.
Porque o Goberno si está a renovar a liña ferroviaria Lugo-Ourense, pero de momento nada se sabe da chegada da alta velocidade á provincia.