Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bodega Paco & Lola celebra o seu vinte aniversario colleitando éxitos

A bodega Paco & Lola celebra o seu vinte aniversario colleitando éxitos

Esta cita chega unha semana despois de que recibira o premio á mellor adega produtora de branco do mundo

O recoñecemento outórgao o prestixioso International Wine and Spirit Competition, que se celebrou en Londres

Fundada en 2005, conta con máis de 400 socios viticultores e cunha superficie de viñedo superior ás 200 hectáreas

G24.gal 22/11/2025 20:42 Última actualización 22/11/2025 21:33

A adega Paco & Lola celebrou este sábado un encontro que reuniu as familias sociais e todas aquelas persoas vencelladas ao seu proxecto. Así conmemoran os éxitos dos vinte anos de historia da empresa do Salnés.

Esta cita chega unha semana despois de que recibiran o premio á mellor bodega produtora de viño branco do mundo, un recoñecemento que se outorga no prestixioso International Wine and Spirit Competition, que se celebrou en Londres.

Este galardón, un dos máis importantes do panorama vitivinícola internacional, distingue os produtores que destacan pola súa excelencia, innovación e calidade na elaboración de viños brancos. Recentemente tamén recolleu o premio Alimentos de España ao mellor branco.

Paco & Lola, que produce albariño da denominación de orixe Rías Baixas, fundouse en 2005 en Meaño e conta con máis de 400 socios viticultores e unha superficie de viñedo superior ás 200 hectáreas.

Á conmemoración do seu vinte aniversario asistiron tamén, entre outros, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, representantes da Deputación de Pontevedra e das cooperativas da comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade