56 anos do adeus dos Beatles
O 10 de abril de 1970 Paul McCartney anunciaba a separación do cuarteto de Liverpool
O asasinato de John Lennon en 1980 acabou con calquera posibilidade dunha xuntanza
Estiveron xuntos nove anos, pero en realidade publicaron toda a súa obra, 13 elepés e 22 singles, en apenas sete e medio. Estímase que levan vendidos 600 millóns de discos, aos que habería que sumar case 300 millóns máis dos seus respectivos traballos en solitario. Ninguén foi nin será tan grande como os Beatles, que decidiron separarse un 10 de abril de 1970.
Na auto-entrevista coa que traumatizou a medio mundo, Paul McCartney dixo que un dos motivos para deixar os Beatles era que o pasaba mellor coa súa familia. Co paso dos anos o baixista fora revertindo o liderado incial de John Lennon e, á hora de buscar culpables, moitos apuntaron á parella deste, Yoko Ono.
O asasinato de Lennon en 1980 dinamitou calquera opción dunha segunda etapa dos Beatles. En 2001 George Harrison morreu dun cancro de pulmón. Aos seus 83 anos, McCartney acaba de anunciar novo álbum para o mes que vén. Ringo Starr, de 86, tamén segue en activo. E o legado dos Beatles está máis vivo ca nunca.