Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano da proclamación de León XIV, o papa prudente

Un ano da proclamación de León XIV, o papa prudente

Enfrontouse con Donald Trump pola guerra en Irán

O mes que vén visitará España durante seis días

G24.gal 08/05/2026 13:56

Din que non ten o carisma de Francisco nin o calado intelectual de Bieito, pero un ano despois de ser elixido para sentar na cadeira de Pedro, León XIV demostrou que a súa prudencia non está pelexada coa firmeza.

Este agostiño nado en Chicago hai 70 anos, de ascendencia francesa, italiana, dominicana e española e experiencia misioneira no Perú, país do que tamén ten pasaporte, non dubidou en cualificar de inaceptable a ameaza de Donald Trump de reducir Irán a cinsas no contexto da guerra.

O presidente norteamericano respondeu dicindo que este é un papa débil, sen peso ningún na política exterior. Pero León non se achantou e dixo que non lle ten medo a Trump e que a súa única política é a de axudar a construír a paz. En menos dun mes o pontífice visitará España nunha viaxe de seis días e máis de 20 actos oficiais que non pasará por Galicia.

Nos doce meses que leva á cabeza da Igrexa produciuse unha repunta do catolicismo nos Estados Unidos. A caridade e a busca da verdade son os eixes do seu labor pastoral. Á espera da súa primeira encíclica, León XIV xa deixou mensaxes de reconciliación e unidade en lugares como Turquía ou O Líbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade