Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascenden a 17 mortos as vítimas nos ataques hutís contra o aeroporto de Riad

Ascenden a 17 mortos as vítimas nos ataques hutís contra o aeroporto de Riad

No último dos bombardeos, este mesmo domingo, falceu unha persoa e once máis quedaron feridas

EFE 12/10/2026 08:41

Polo menos unha persoa morreu e outras once resultaron feridas no ataque de onte contra o aeroporto internacional Rey Khalid de Riad, que sufriu tres ofensivas desde o venres, cun total de 17 falecidos.

O último ataque, perpetrado o domingo, cando un proxectil impactou na Terminal 4, "causou a morte dun residente paquistaní (...) e feridas a outras 11 persoas, que foron trasladadas de inmediato ao hospital", ademais de provocar "danos materiais", indicou a Autoridade Xeral de Aviación Civil (GACA) na súa conta oficial de X.

O sábado, unha ofensiva contra o aeroporto causou 13 falecidos e 309 feridos, (incialmente eran 12 mortos, pero as autoridades da India confirmaron nas últimas horas o pasamento dun dos seus nacionais). Mentres, outra o venres causou tres vítimas mortais. Foi en dous ataques atribuídos aos insurxentes hutís, enfrontados con Arabia Saudita, que lidera unha coalición militar antihutí en apoio ao Gobierno iemení internacionalmente recoñecido.

O portavoz militar dos rebeldes, Yahya Sarea, afirmou o domingo que os hutís, apoiados por Irán, levaron a cabo unha "operación en tres fases" contra o aeroporto internacional de Riad, iniciada o venres pola noite.

Sarea non precisou en que consistiron esas tres fases nin aclarou que ataques abarcou a operación.

Os insurxentes reivindicaron nas últimas semanas varios ataques con drons e mísiles balísticos contra instalacións civís e militares sauditas, incluídos aeroportos e instalacións enerxéticas.

O último ataque contra o aeroporto de Riad produciuse despois de que a cadea de televisión Al Masirah, baixo control hutí, denunciase que unha ofensiva aérea da coalición apuntou contra o aeroporto internacional de Saná, a capital iemení, en mans dos rebeldes desde 2014.

A actual escalada entre Arabia Saudita e os hutís estalou a mediados de xullo, cando os insurxentes acusaron a Riad de bombardear o aeroporto de Saná para impedir a aterraxe dun avión iraniano, aínda que a acción foi reivindicada polo Exército iemení.

Os hutís non son o único grupo que lanzou ataques contra territorio saudita nos últimos meses, xa que o maior produtor de petróleo da OPEP foi tamén obxectivo de varios movementos armados proiranís que apuntaron contra infraestruturas enerxéticas e civís do reino árabe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade