O Papa pídelles aos bispos franceses vixilancia fronte aos abusos sexuais na igrexa
Fíxoo en Lourdes, onde desenvolve a terceira xornada da súa visita pastoral a Francia
No país están identificados aproximadamente 330.000 casos de abusos entre 1950 e 2020
No terceiro día de visita pastoral de León XIV a Francia, o pontífice oficiou unha misa dominical na explanada do santuario da Virxe de Lourdes. O espazo encheuse ata á súa capacidade máxima, coa asistencia de 150.000 persoas.
O Papa afirmou que o mundo vai mal, con conflitos cada vez máis estendidos que destrúen vidas inocentes, e pediu penitencia e conversión.
Antes tivera un encontro cos bispos de Francia, aos que lles pediu que manteñan a vixilancia máxima ante a lacra dos abusos sexuais dentro da igrexa. En Francia están identificados aproximadamente 330.000 casos de abusos entre 1950 e 2020.
León XIV está en Lourdes desde este sábado á tarde. Chegou desde París e foi case deseguido á gruta das aparicións para orar ante a Virxe.
O Papa pregoulle por unha Francia libre de violencia e odio, dirixida por gobernantes sabios e xenerosos.
Esta tarde, o pontífice ten un encontro privado con sete vítimas de abusos sexuais no seo da Igrexa e rematará a xornada co rezo do rosario e unha procesión.