Cargando resultados...
Nace Re-USC con 60 pezas téxtiles únicas que dan unha nova vida a vellos materiais
Elaboradas con lonas de eventos da Universidade de Santiago, xa están á venda na tenda da Universidade
G24.gal
11/07/2025 13:33
Re-USC é un novo proxecto con dimensión social, posto que permite a reutilización de materiais. Ademais, son 12 mulleres migrantes da asociación Arraianas as encargadas de elaborar artesanalmente cada unha das bolsas e mochilas.
"Con material que a USC usou para congresos e xornadas, ao que se lle dá un segundo uso, grazas tamén ao traballo do servizo de reprografía. Con imaxes do matemático de Bernés, ou de Emilia Pardo Bazán, que tamén son patrimonio da USC, patrimonio científico, cultural, etc., etc.", declara Óscar Hermida, xerente da Fundación USC.