Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta apela á "altura de miras" na descentralización de Medicina, unha "grande oportunidade" para os estudantes

A Xunta apela á "altura de miras" na descentralización de Medicina, unha "grande oportunidade" para os estudantes

"Pode ser unha grandísima oportunidade para a formación dos futuros médicos. E creo que, en calquera acordo, todas as partes teñen que ceder algo en favor do interese xeral", asegurou o conselleiro Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, acompañado polos tres reitores, o día en que anunciron o acordo sobre a facultade de Medicina (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 25/11/2025 15:13

O acordo para descentralizar Medicina cara A Coruña e Vigo volve quedar no aire. A propia Facultade de Santiago votou en contra pola preocupación de profesorado e alumnado ante como afectaría á docencia. Agora a decisión pasa ao Consello de Goberno da Universidade, que se reúne este venres.

Desde a Xunta piden manter o proceso e advirten de que está en xogo unha oportunidade clave para a formación dos futuros médicos.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Univesidades e FP, Román Rodríguez, pediu "altura de miras" a todos os implicados na descentralización do grao de Medicina, unha "grandísima oportunidade" para a formación dos futuros médicos.

En declaracións aos medios este martes, o conselleiro insistiu en que Galicia está ante a oportunidade de construír un novo sistema de ensino no ámbito da medicina.

"Estamos a traballar para impulsar unha gran facultade de medicina da que sintamos orgullosos. E creo que o traballo dos tres reitores xunto á Xunta e outros representantes vai nesa liña", defendeu, apostilando ademais que no grupo de traballo formado participaba o decano da Facultade de Medicina.

"Creo que debemos ter o convencemento e a altura de miras suficiente para saber que este proceso que desenvolvemos ata o momento pode ser unha grandísima oportunidade para a formación dos futuros médicos. E creo que, en calquera acordo, todas as partes teñen que ceder algo en favor do interese xeral", engadiu o conselleiro.

Nesta liña, responsable autonómico de educación insistiu en que o acordo parte da "xenerosidade" e o "convencemento" das tres universidades de que vai ser positivo para os estudantes, as facultades e para a formación.

"Temos que aproveitar todas as capacidades do sistema, temos que sumar e temos que se capaces de ver o futuro nesta formación", remarcou.

Román Rodríguez alertou do risco de que "se malogre" todo o traballo realizado, "agora que estamos tan preto da meta". Con todo, mostrou a súa confianza en que os Consellos de Goberno da USC e da UVigo ratifiquen o acordo dado que as cuestións formuladas pola Xunta da Facultade de Medicina, apunta, son "basicamente técnicas" e estudadas pola Comisión de seguimento, creada para ese fin.

"Con altura de miras e con visión de futuro non me cabe a menor dúbida de que se poderán canalizar", remarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade