Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stoichkov: "Estando Hidalgo pódense conseguir cousas grandes"

Stoichkov: "Estando Hidalgo pódense conseguir cousas grandes"

Fala do ambiente de Riazor como "un espectáculo" que "nunca vivira" ata o de agora

Foto Deportivo
G24.gal 04/03/2026 15:00 Última actualización 04/03/2026 15:13

Juan Diego Molina Stoichkov ampliou a súa conta persoal a pasada fin de semana co tanto inaugural ante a Real Sociedade. O gaditano suma tres dianas este curso, e foi o home máis activo no ataque coruñés en Donosti. Un duelo no que "o equipo non deixou de crer" e logrou tres puntos que lle permiten empatar con Castellón e Almería.

É por iso que ve que o Deportivo "vai ben" en liga.

"Gañamos seis do últimos oito e hai que darlle valor. Estamos onde queremos estar".

"Oxalá puidésemos estar máis sobrados, pero é moi difícil, está todo moi igualado. É importante estar aí ata o final de tempada e conseguir o obxectivo", expresa Stoichkov en sala de prensa, a poucos días de enfrontarse ao Granada.

O club andaluz ten os seus dereitos e dalí recalou este verán nun intercambio de cesións por Mohamed Bouldini. Ambos os atacantes poderán estar presentes en Riazor.

"Pregunteille a Fernando, porque non o tiña moi claro. Tanto Bouldini como eu podemos xogar e é bo para os dous equipos".

O atacante gaditano defende o papel de Antonio Hidalgo ante as críticas polo xogo do conxunto coruñés.

"Eu véxoo moi ben, con moitas ganas de achegar ao equipo, darnos as ferramentas para poder gañar. El sabe como vai isto do fútbol. Hai que darlle valor. Estando el aquí pódense conseguir cousas grandes".

Con todo, cre que o importante non é pensar no ascenso, senón centrarse no día a día.

"Eu só penso na fin de semana. A experiencia dimo, isto é moi longo, entramos na recta final. O importante é estar aí e xa veremos en maio".

O dianteiro, ex do Eibar ou Sabadell, ten ganas de regresar a Riazor esta fin de semana. Tacha ao estadio branquiazul de ser "un espectáculo" que "nunca vivira" ata o de agora.

"É unha afección de tolos. O outro día fóra de casa, a tantas horas de aquí, que vaia tantas persoas é unha tolemia. Pídolles que sigan así, isto é de todos, achégannos moitísimo para eses tramos finais. Que sigan así porque isto é de todos", remarcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar