Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Vigo, os pisos turísticos deberán contar con entrada independente no edificio

En Vigo, os pisos turísticos deberán contar con entrada independente no edificio

Despois de Santiago e A Coruña, Vigo súmase ás grandes cidades galegas para regular os pisos turísticos

Delimitarán as zonas saturadas na cidade e unha cota máxima deste tipo de aloxamentos por edificio

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia di que estas normas non baixan os prezos dos alugueiros tradicionais e temen que prexudiquen o turismo familiar, e hai descontento tamén entre os hostaleiros

G24.gal 11/07/2025 14:20

O Instituto Nacional de Estatística dános unha idea da concentración de vivendas turísticas en Galicia. Son datos recollidos de plataformas de aloxamento: máis de 1.300 en Vigo, preto de 500 en Santiago e unhas 700 na Coruña. Os concellos buscan regular estes aloxamentos.

Vigo únese así agora a Santiago, que conta con normativa propia dende o 2024, e á Coruña, onde entrará nun par de meses. No caso de Vigo tamén aposta por acoutar o número deste tipos de vivendas por edificio e nas zonas máis saturadas.

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia di que estas normas non baixan os prezos dos alugueiros tradicionais e teme que prexudiquen o turismo familiar.

Unha idea semellante comparten os hostaleiros, que apuntan que o perfil de cliente é distinto. No sector apuntan que moitos propietarios optan polo alugueiro turístico polo temor a faltas de pagamento no alugueiro tradicional. En Galicia apenas hai unha ducia de concellos sen ningunha vivenda turística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade