Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo da vivenda en arrendo aumentou un 30% no último ano en Galicia

O prezo da vivenda en arrendo aumentou un 30% no último ano en Galicia

Alugar un piso de 80 metros cadrados custa unha media de 580 euros

Ourense é a provincia cos alugueiros máis baratos de España

G24.gal 13/12/2025 15:46 Última actualización 13/12/2025 18:20

O prezo dos alugueiros segue en aumento. En Galicia, no último ano subiron case un 30 por cento. Un piso de 80 metros cadrados custa de media 550 euros ao mes. En España, a media é moi superior, uns 1.120 euros. Son datos que recolle o informe elaborado polo portal inmobiliario pisos.com. 

Unha inmobiliaria do centro da Coruña publicita un piso de menos de sesenta metros cadrados por mil douscentos cincuenta euros mensuais. Malia o prezo, anuncios coma este son efémeros nun mercado sometido a unha tensión inédita.

"Moitas veces temos que desconectar o anuncio para poder atender a xente que nos demanda. Se o deixamos moito tempo, non podemos atender a todo o mundo: perdemos chamadas, perdemos correos... perdemos todo", explica Pilar Cotelo, xerente da inmobiliaria Será por casas.

É a realidade das cidades galegas, sobre todo da Coruña e de Vigo. En Galicia, o prezo da vivenda en arrendo aumentou case un 30% nos últimos doce meses, once puntos máis que a media estatal, malia que Ourense é a provincia máis barata de toda España. A oferta non acompaña a demanda. Os profesionais do sector inmobiliario animan os propietarios a confiar na opción do alugueiro tradicional.

"Nós temos recursos e temos unha experiencia que nos facilita seleccionar e ver o perfil da persoa que vén para poder darlle seguridade ao propietario", di Cotelo.

Temos ao redor de medio millón de pisos baleiros e unha oferta crecente de alugueiros turísticos.

"A rendibilidade é maior, por iso retíranse moitos pisos para este mercado, descompensando a oferta e a demanda do alugueiro tradicional".

Iniciativas como o programa Fogar Vivo, impulsado pola Xunta, procuran mobilizar as vivendas desocupadas e facilitar o acceso da mocidade a un alugueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade