Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atópase un artefacto explosivo nun faiado en Pontevedra

Atópase un artefacto explosivo nun faiado en Pontevedra

Os investigadores cren que puido pertencer a uns militares que viviron de alugueiro no inmoble de Lérez (Pontevedra) hai 20 anos

Interior da vivenda de Lérez (Pontevedra) onde apareceu o artefacto explosivo
G24.gal 10/12/2025 14:59

Trátase dun obxecto grande e enferruxado, que parece ser bastante antigo. Os investigadores cren que puido pertencer a uns militares que viviron de alugueiro no inmoble de Lérez (Pontevedra) hai 20 anos. Ata o lugar mobilizouse un equipo policial dos Tedax, especializados en explosivos, que xa recolleron a peza para a súa análise.

A Policía Nacional de Pontevedra di que todo apunta a que estea xa detonado ou percutido. Malia todo, os artificieiros do TEDAX pontevedrés levárono de aquí custodiado nunha gran caixa metálica ante o abraio da veciñanza, "Pensei que sería unha pelexa, algún tipo de maltrato...", cría Noelia Solla

Non sorprendeu tanto a Teresa Calvo, copropietaria do inmoble que alugara un dos terceiros hai vinte ou trinta anos a tres militares moi novos destinados en Pontevedra; estiveran pouco máis dun ano e naquela limpeza xa atopara no faiado roupa militar e placas. Non reparou daquela no artefacto que agora uns inquilinos atoparon tras un arcón conxelador. "Se atopara roupa de militares (monos con chapas e cinturóns, ... e tiramos con todo)"

Os inquilinos deron aviso ao 112, que foi quen organizou o operativo integrado por Policía Autonómica e Nacional. O artefacto ten forma de bala, aínda que as súas dimensións son sensiblemente maiores, segundo nos dixo quen o puido ver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade