Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha moza que caeu ao río en Vilagarcía de Arousa

Rescatan unha moza que caeu ao río en Vilagarcía de Arousa

Tivo que ser evacuada a un centro hospitalario 

Imaxes da ambulancia en que foi trasladada a moza. TVG.
G24.gal 20/04/2026 21:15

Unha moza foi rescatada este luns polos servizos de emerxencia tras caer ao río desde a ponte do Con, situado na zona do parque de Vista Alegre, en Vilagarcía de Arousa. 

Segundo o 112 Galicia, foi un particular quen alertou do suceso pasadas as 18:00 horas e solicitou axuda para a moza.

Deste xeito, avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros, o Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía e os axentes da Policía Nacional.

Finalmente, tivo que ser evacuada polos servizos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos