Publicador de contidos

Publicador de contidos

A importancia de elixir e coidar o colchón

A importancia de elixir e coidar o colchón

De media pasamos case un terzo da nosa vida durmindo. Para descansar ben, é preciso cambiar o colchón polo menos cada dez anos

G24.gal 20/04/2026 21:27

Acudimos a unha tenda de colchóns en Celanova. O máis demandado, dinos o seu xerente, Julio Gosende, son os de muelles ensacados con viscoelástico porque permiten unha maior independencia á hora de compartir cama. En canto as medidas, os clientes prefiren cada vez máis os de 1,50 ou 1,80, aínda que, a falta de espazo ou as camas que xa se teñen, fai que os máis vendidos segan a ser os 1,35.

Os expertos recomendan cambiar de colchón cada oito ou dez anos para garantir un bo descanso. Á hora de elixilo, é importante probalo ben e facelo en parella se se vai a compartir. Xiralo ou voltealo cada pouco, polo menos dúas veces ao ano, axudará a evitar que se deforme e alongará a súa vida útil na maior parte dos colchóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade