Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inicia as obras da autovía Tui-A Guarda

A Xunta inicia as obras da autovía Tui-A Guarda

Pasa por localidades como Tui e Tomiño e investíronse case 18 millóns de euros

Prevese que se remate en 24 meses

G24.gal 11/07/2025 16:13

A Xunta de Galicia iniciou as obras do novo tramo da autovía Tui-A Guarda que discorre por Tui e Tomiño, na que se investiron case 18 millóns de euros. A idea é que se complete en 2 anos.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse ao lugar para ver o comezo do traballo. Destacou a importancia deste paso para avanar na vía AG-42.

"É o noso compromiso para seguir vertebrando Galicia con infraestruturas eficientes, modernas e sostibles", incidiu.

Este tramo vai contar con 3,2 quilómetros e continúa o tramo de conexión da A-55 co polígono de Areas. Cada unha das estradas terá dous carrís de 3,5 metros de ancho

A actuación completarase co melloras en camiños de Tomiño, a ampliación da ponte de pedra da PO-350 e duplicarase o paso inferior de acceso ao polígono de Areas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade