Contido con Temática .
Economía

Crean un dispositivo, o 'Bovimasc', que mide as emisións de metano polo fociño
07/07/2025 19:58
Investigadores da USC desenvolven un prototipo de máscara facial co fin de seleccionar xeneticamente o gando que contamine menos

Trump asina unha orde que atrasa ao 1 de agosto o prazo arancelario e modifica algunhas taxas
07/07/2025 19:49
O presidente estadounidense impón ao Xapón e a Corea do Sur aranceis do 25 % a partir de agosto
Outros países tamén terán novos gravames que oscilan entre o 40 % de Myanmar e Laos e o 25 % de Tunisia, Kazakhistán e Malaisia debido á falta de avance nas negociacións
Advertiron que os bens que pasen por un terceiro país para evadir aranceis máis elevados quedarán suxeitos á cifra máis alta

A campaña do choco chega á súa fin
07/07/2025 15:14
A piques de rematar unha tempada na que se conseguiu menos produto, pero revalorizouse

Os traballadores da Xunta comezarán a cobrar este mes a suba do 0,5 % pendente
07/07/2025 14:13
O Consello da Xunta aprobou trasladar o acordo da semana pasada do Consello de Ministros para abonar as cantidades que se lle debían aos traballadores da administración galega
Estes atrasos supoñen un custo de 53 millóns de euros para as arcas da Xunta

O Bono Peixe de 50 euros estará dispoñible para a súa descarga a partir do 28 de xullo
07/07/2025 13:56
As persoas que descarguen o bono poderán obter un desconto do 25 % na súa compra, ata un máximo de 5 euros semanais, durante dez semanas
Os establecementos interesados en ser beneficiarios desta campaña poden darse de alta desde o día 11 na plataforma creada pola Consellería do Mar

A UE di que avanza cara a un acordo sobre aranceis cos Estados Unidos
07/07/2025 12:57
Ursula von der Leyen e Donald Trump tiveron unha chamada telefónica o domingo sobre o asunto
Pretenden chegar a un acordo antes deste mércores 9 de xullo, cando vence o prazo dos EUA para negociar

Este luns pecha ao tráfico por obras un dos túneles da A-6 en Pedrafita
07/07/2025 09:28
O corte vaise facer este luns entre as dez da noite e as seis da mañá no túnel de San Pedro e afecta a circulación sentido Madrid
As obras de modernización provocarán cortes de tráfico ata o xoves

Taxistas de Vigo denuncian que coches de alugueiro con condutor operan sen licenza
06/07/2025 17:18
O sector asegura que traballaron esta semana de xeito ilegal malia que o concello desestimou 24 solicitudes

Antigos internos do orfanato do mar de Panxón lembran o seu paso polo centro
06/07/2025 14:40
O orfanato Virxe do Mar de Panxón creouse en 1948 para acoller rapaces orfos que perderan o seu pai no mar
Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada
Antigos internos celebran unha xuntanza anual desde hai 44 anos

Monta unha empresa de reciclaxe con máis de 45 anos e xa factura 2,5 millóns
05/07/2025 15:12
Un ribeirense apostou polo reciclado e venda de palés e a súa empresa non deixa de medrar

Ozoaqua sitúa a Galicia na elite da dermocosmética internacional
05/07/2025 15:08
Os laboratorios Ozoaqua recibiron un novo premio iDermo pola crema corporal de aceite ozonizado Ozobaby
O xurado está formado por farmacéuticos, especialistas en dermatoloxía e consumidores
Os aceites ozonizados teñen múltiples propiedades: efecto antiinflamatorio, cicatrizante, hixienizante, calmante e reparador da barreira cutánea

Os viticultores do Miño tratan as viñas contra a flavescencia dourada
05/07/2025 14:35
Unha trintena de concellos deben botar insecticida contra o insecto que transmite a enfermidade
O tratamento fitosanitario aplícase en tres doses desde finais de xuño ata mediados de agosto

A UE renova conversas “de fondo” cos EUA na recta final das negociacións sobre aranceis
05/07/2025 14:14
Fontes diplomáticas indicaron que esperan que se produza unha prórroga na pausa arancelaria se non hai acordo antes do 9 de xullo

Comeza a operación saída en Galicia, con 405.000 desprazamentos
04/07/2025 10:30
As estradas máis afectadas son a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550
Reabre a A-8 no Fiouco sentido Vilalba tras dous accidentes por alcance
Os prezos do carburante rexistran a súa terceira subida consecutiva

Detidas dúas persoas en Toledo polo roubo de cable que cortou o AVE Madrid-Andalucía en maio
04/07/2025 09:49
A Garda Civil considera que os detidos son especialistas neste tipo de subtracción
Os axentes rexistraron as vivendas dos sospeitosos e comisaron teléfonos móbiles, material empregado nos roubos, cable de cobre e substancias estupefacientes

O Congreso dos EUA aproba contra o reloxo o plan fiscal de Trump
04/07/2025 09:03
Para o conservador Johnson, a normativa proporcionará un moi necesitado e merecido alivio para os traballadores estadounidenses

O alugueiro de rochos segue a medrar como opción para dispoñer de máis espazo na vivenda
03/07/2025 21:23
A alta demanda contrasta coa escaseza da oferta

Grupo Yáñez, concesionario oficial Volkswagen, despide case a metade do seu persoal na Coruña
03/07/2025 20:20
Estes despedimentos foron o 56 % do persoal, "o máximo que permite a lei"
Os traballadores sofren o atraso no aboamento de nóminas de dous meses e medio

O 59 % da rede de estradas de Galicia está en estado grave, o segundo peor dato do estado
03/07/2025 15:50
Só Aragón está en peores condicións, cun 69 % da súa rede en mal estado
Un estudo alerta da deterioración estrutural e superficial de máis da metade das estradas españolas

03/07/2025 14:54
Os emprendedores buscan oportunidades no exterior nun contexto mundial incerto

Interior nega que as colas en Baraxas se deban á falta de policías nos controis
03/07/2025 14:43
Fernando Grande-Marlaska asegura que o colapso deste mércores se debeu a un fallo informático nun momento de moitos voos

03/07/2025 14:21
Este xoves moitos viaxeiros intentan recolocarse noutros voos tras perderen o seu e os que viaxaban hoxe adiantaron a súa chegada ao aeroporto
Os problemas coinciden coa operación saída, no inicio das vacacións

Finalizaron as vedas e chegan as nécoras e os lumbrigantes aos mercados
03/07/2025 14:02
As capturas das nécoras están a ser escasas, pero as dos lumbrigantes son abondosas

Transportes rehabilitará sesenta quilómetros do firme da A-6 na provincia de Lugo
03/07/2025 12:47
O treito afectado polas obras é o que vai de Guitiriz ao Corgo en sentido Madrid

Os funcionarios estatais cobrarán na nómina de xullo a suba adicional do 0,5 %
03/07/2025 10:38
Recibirán unha paga de atrasos con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2024
Esta subida adicional será tamén percibida polos traballadores públicos das comunidades autónomas e corporacións locais

Drons que detectan pragas na foresta, anticipan a seca e comproban como van os tratamentos
03/07/2025 10:21
Saber se as árbores teñen fungos ou comprobar o estrés hídrico son algunhas das aplicacións da intelixencia artificial incorporadas recentemente aos drons de control forestal

Consumo abre expediente sancionador a unha nova aeroliña de baixo custo tras multar outras cinco
03/07/2025 09:21
Como ocorreu neses cinco expedientes, este novo procedemento ábrese por prácticas que poderían ser consideradas abusivas, como cobrar pola equipaxe de man

As rebaixas manteñen o efecto chamada malia a calor destes días
02/07/2025 19:49
Nestas datas de inicio de rebaixas nótase un aumento de afluencia nas tendas
Para esta tempada a estimación de gasto medio en España é duns 223 euros

Agrolistik, o Uber dos tractores creado por tres galegos
02/07/2025 14:38
A aplicación pon en contacto os propietarios dos terreos cos tractoristas
A idea é axilizar a contratación de traballos de limpeza, sementeira ou aplicación de fitosanitarios

Facenda devolveu 9.100 millóns a 12,5 millóns de contribuíntes ao peche de campaña
02/07/2025 13:31
Á conclusión da campaña presentáronse 24.570.000 declaracións, un 2,3 % máis que o ano pasado
En paralelo á campaña de renda desenvolveuse tamén a correspondente ao imposto sobre o patrimonio

O emprego bate un novo récord, con 21,86 millóns de afiliados
02/07/2025 09:01
O paro reduciuse en xuño en 48.920 persoas, ata os 2,4 millóns, a cifra máis baixa desde hai 17 anos
O comercio e a hostalería compensaron a perda no sector educativo co final de curso
Galicia creou 7.844 empregos en xuño e reduciu o paro en 4.387 persoas

01/07/2025 20:51
A operación reforza a presenza do Santander no Reino Unido e xerará sinerxías por 400 millóns de libras
Sabadell centrará a súa estratexia en España e promete o dividendo aínda que non prospere a OPA do BBVA

Vigo será sede do novo Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa de Indra
01/07/2025 15:37
Creará máis de 200 empregos directos
Instalarase no edificio 2 do Centro de Negocios da Zona Franca e estará operativo en 2026

Poxa de gando en Mabegondo: unha oportunidade para os gandeiros de rubia galega
01/07/2025 14:58
O Centro de Investigacións Agrarias sacou á poxa 58 exemplares, 40 deles xovencas preñadas
Son excedentes do seu rabaño, seleccionado durante anos pola súa aptitude maternal

01/07/2025 13:32
O Consello de Ministros aproba un anteproxecto de lei de consumo sostible que tamén fomentará a reparación dos produtos e prohibirá a revenda abusiva de entradas e a chamada publicidade do medo e o greenwashing
A Sareb traspasará máis de 40.000 propiedades e 2.400 terreos á empresa estatal de vivenda

A Sareb traspasará máis de 40.000 propiedades e 2.400 terreos á empresa estatal de vivenda
01/07/2025 13:11
O Executivo avanza que estas vivendas pasarán a formar parte do parque público de alugueiro alcanzable
O Goberno prohibe os anuncios de voos curtos e a obsolescencia programada

Zara inaugura na Coruña unha impactante instalación cinética da artista británica Es Devlin
01/07/2025 10:40
A obra pode contemplarse desde o Observatorio da Cúpula Atlántica, situada no Monte de San Pedro
A instalación forma parte da programación que a firma téxtil ten organizada co gallo do seu 50 aniversario

O Goberno aproba a suba salarial pendente do 0,5 % dos funcionarios
01/07/2025 09:41
CCOO e UXT valoran a decisión, pero recriminan ao Goberno "a tardanza e insuficiencia"

Volven circular os trens entre Madrid e o sur tras o caos ferroviario deste luns
01/07/2025 09:28
Adif conseguiu reparar a catenaria danada en Toledo e Renfe encargouse do transbordo dos 318 pasaxeiros
A avaría afectou a un total de 2.754 de sete convois diferentes

O Goberno quere prohibir o aumento do prezo na revenda de entradas
01/07/2025 08:29
Esta medida busca atacar os incentivos económicos que hai agora na revenda para poder acabar con ela, afirman no Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030