Comeza a operación saída en Galicia, con 405.000 desprazamentos
As estradas máis afectadas son a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550
Reabre a A-8 no Fiouco sentido Vilalba tras dous accidentes por alcance
Os prezos do carburante rexistran a súa terceira subida consecutiva
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) calcula que se producirán uns 405.000 desprazamentos por estrada esta fin de semana en Galicia, comezando a primeira grande operación saída do verán.
Así o detallaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a xefa provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez, que recordou que a máis leve imprudencia pode levar a un accidente.
Blanco informou de que esta primeira operación arrinca o 4 de xullo, e en Galicia esperase que sucedan o 8,5 % dos desprazamentos nacionais.
O delegado apuntou que esta situación distínguese da do ano pasado pola baixada da cifra de persoas falecidas nas estradas galegas, pasando de 50 a 37. Xa é a comunidade con maior baixada de falecidos nestes casos e o obxectivo é consolidar esta tendencia.
Blanco indicou tamén que as estradas contarán cun operativo formado por 700 axentes de tráfico, 200 radares fixos, 275 cámaras, 291 estacións de toma de datos, máis de 300 paneis informativos e un helicóptero.
Haberá campañas de vixilancia en xullo e agosto para controlar os excesos de velocidade e consumo ao volante. Tamén se teñen en conta aos colectivos vulnerables, coma peóns e motociclistas.
Haberá campañas especiais de vixilancia en xullo e agosto, co foco posto en "o exceso de velocidade e o consumo de alcol e drogas ao volante".
En Galicia, poden verse afectadas polo exceso de tráfico as seguintes estradas: AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.
Os combustibles tamén aproveitan a operación saída
Coincidindo con esta operación saída, o prezo dos carburantes disparouse case un 2 % no arranque do mes de xullo.
Concretamente o litro de diésel rexistrou a súa terceira subida consecutiva logo de aumentar un 1,78 % respecto da semana pasada, custando 1,425 euros o litro.
Por outro lado, a gasolina aumentou un 0,8 % respecto da semana pasada, situándose en máis de 1,5 euros o litro.
Esta subida ten lugar dúas semanas despois do aumento do cru polas das tensións en Oriente Medio.