A DXT intensifica os controis nunha das fins de semana con máis desprazamentos por estrada
Esta fin de semana coincide a seunda fase da operación saída de agosto cunha morea de festas populares en toda a comunidade
A DXT estima que se van producir 840.000 desprazamentos nas estradas galegas esta fin de semana
Os axentes están a vixiar sobre todo os excesos de velocidade e o consumo de alcohol e drogas ao volante
A do 15 e o 16 de agosto é unha fin de semana de moito movemento nas estradas galegas. Aos que se desprazan para vivir os centos de festas que se celebran espalladas por toda a comunidade súmanse os que comezan ou rematan as vacacións.
"Estamos na época estival en que o movemento de vehículos é dos máis altos do ano. A ademáis súmase que esta data que é o 15 de agosto con cambio de quincena e saída e retorno das vacacións, polo que aumenta se cabe ainda máis ese movemento circulatorio", explica o capitán da Garda Civil Francisco Javier López Dopico.
"A verdade é que si se ve bastante máis movemento".
"Si, hai moita xente na estrada estes días, claro, en agosto todo o mundo se move".
Para velar pola seguridade nas estradas a DXT está a intensificar os controis que estes días poderemos atopar en calquera tipo de vía e a calquera hora do día.
"Estamos a facer un control de velocidade e un control de consumo de alcohol e drogas, factores importantes, como ben se sabe, na reducción da sinistrlidade", di o capitán López Dopico.
"Fixéronme unha proba de alcoholemia e deu negativo, como debe de ser, recomendado a todo o mundo".
"O control de alcoholemia, tés que inhalar e despois expulsar o aire ata que remate o pitido e despois cero cero".
Ademáis dos controis, Tráfico tamén está a despregar pola rede viaria galega unha serie de cámaras e vehículos camuflados que controlan dende os excesos de velocidade ata o uso do cinto de seguridade ou do móvil ao volante.