Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 59 % da rede de estradas de Galicia está en estado grave, o segundo peor dato do estado

O 59 % da rede de estradas de Galicia está en estado grave, o segundo peor dato do estado

Só Aragón está en peores condicións, cun 69 % da súa rede en mal estado

Un estudo alerta da deterioración estrutural e superficial de máis da metade das estradas españolas

Imaxe de arquivo dos veciños de Friol protestando polo estado das estradas en xaneiro de 2024 Imaxe de arquivo dos veciños de Friol protestando polo estado das estradas en xaneiro de 2024
G24.gal 03/07/2025 15:50

O 59 % da rede de estradas de Galicia presenta un estado grave de conservación, segundo un estudo da Asociación Española da Estrada.

Esta porcentaxe sitúa Galicia como a terceira comunidade con peores resultados, só por detrás de Aragón (69 %) e ao mesmo nivel que Castela-A Mancha.

O informe sinala que, a nivel estatal, existen 33.966 quilómetros cunha deterioración moi grave do pavimento, case o triplo dos 12.000 rexistrados hai tres anos. Estas vías necesitan unha reconstrución urxente nun prazo inferior a un ano debido a alteracións estruturais (como fochancas ou o chamado "efecto pel de crocodilo") e superficiais (fendas lonxitudinais e transversais, e perda de materiais).

Actuacións necesarias en máis da metade da rede estatal

Ademais, o estudo identifica outros 20.407 quilómetros que tamén presentan danos graves e nos que se debería intervir nun prazo máximo de catro anos. En total, a investigación conclúe que en catro anos habería que actuar en 54.373 quilómetros, máis da metade dos 101.700 que conforman a rede viaria española.

A AEC advirte de que o estado actual das estradas é o peor desde finais dos anos 80 e principios dos 90, cando se desenvolveu o último gran Plan Xeral de Estradas. Calcula que o déficit acumulado en conservación ascende a 13.491 millóns de euros, agravado polo aumento do prezo das materias primas, da enerxía e do persoal.

As comunidades con peores datos de conservación son Aragón, Castela-A Mancha e Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade