Publicador de contidos

Publicador de contidos

Finalizaron as vedas e chegan as nécoras e os lumbrigantes aos mercados

Finalizaron as vedas e chegan as nécoras e os lumbrigantes aos mercados

As capturas das nécoras están a ser escasas, pero as dos lumbrigantes son abondosas

G24.gal 03/07/2025 14:02 Última actualización 03/07/2025 14:19

Este martes abriuse a veda da nécora e, polo momento, chega aos mercados galegos timidamente. "Non hai moita". "Pero está moi boa de sabor", comentan os vendedores do mercado da Praza de Lugo, na Coruña.

Do prezo, coma sempre, depende a cantidade, pero tamén o tamaño. "A grande, a 60 euros o quilo. A mediana, entre 45 e 50 euros".

E xa son moitos os que non se resisten a probala. "Xa había ganas delas, si". "E tampouco van tan caras para ser as primeiras".

Canda a nécora abriu tamén a veda do lumbrigante. No mercado coruñés da praza de Lugo hai abundancia e véndeno a 55 euros o quilo. Pero é que amais de haber moitos exemplares, poden atoparse pezas de ata tres quilos de peso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade