Transportes rehabilitará sesenta quilómetros do firme da A-6 na provincia de Lugo
O treito afectado polas obras é o que vai de Guitiriz ao Corgo en sentido Madrid

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por algo máis de 26,4 millóns de euros as obras para a rehabilitación estrutural do firme en preto de sesenta quilómetros da Autovía do Noroeste (A-6) ao seu paso pola provincia de Lugo.
En concreto, segundo informa o Ministerio nun comunicado, o contrato contempla a rehabilitación da calzada esquerda, sentido Madrid, entre o quilómetro o 540, en Guitiriz e o 480, no municipio do Corgo.

A obras previstas contemplan o fresado das capas de firme e a súa reposición en tramos onde se detectou unha deterioración estrutural.
"Esta actuación pretende corrixir as deterioracións e deflexións que presenta o firme, derivados da fatiga e o esgotamento acumulado ao longo dos anos. Así, grazas á rehabilitación estrutural do firme, conseguirase alongar a súa vida útil e mellorar tanto a seguridade viaria como as condicións de circulación", precisan desde Transportes.