As obras de modernización dos túneles da A-6 volverán afectar o tráfico
En concreto, o Ministerio está a executar esas obras de mellora nos túneles de Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo; e Trabadelo, La Escrita e Vilafranca na provincia de León, cun orzamento de 22,7 millóns de euros
Ao longo desta semana vanse levar a cabo os traballos de adecuación e renovación dos sistemas de ventilación dos túneles de Vilafranca, San Pedro e Cereixal, nas provincias de Lugo e León, de modo que, para garantir a seguridade de traballadores e usuarios, haberá cortes de tráfico entre os días 13 e 17 de outubro
O do Cereixal é un dos túneles en obras
As obras de mellora e modernización que está a executar o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible en varios túneles do porto de Pedrafita do Cebreiro, entre os quilómetros 407 e 464,5 da Autovía do Noroeste (A6), volverán provocar cortes e afectacións ao tráfico durante esta semana.
En concreto, o Ministerio está a executar esas obras de mellora nos túneles de Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo; e Trabadelo, La Escrita e Vilafranca, na provincia de León, cun orzamento de 22,7 millóns de euros. Segundo informa o Ministerio, “aínda que na actualidade os túneles contan cunhas condicións de explotación favorables, están a modernizarse as súas instalacións para aumentar a seguridade dos usuarios”.
Ao longo desta semana vanse levar a cabo os traballos de adecuación e renovación dos sistemas de ventilación dos túneles de Vilafranca, San Pedro e Cereixal, nas provincias de Lugo e León, de modo que, para garantir a seguridade de traballadores e usuarios, haberá cortes de tráfico entre os días 13 e 17 de outubro.
Para asegurar a fluidez do tráfico, habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados durante as afectacións, a través da estrada N-6, paralela á autovía. En concreto, eses cortes afectarán o túnel de Cereixal na noite deste 13 de outubro; ao túnel de Vilafranca, durante a noite do 14 ao 15 de outubro; ao de San Pedro, durante as noites do 14 ao 15 e do 15 ao 16 de outubro; e ao de Cereixal, durante a noite do 16 ao 17 de outubro.