Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adif envía a proposta de liberalizar a alta velocidade Madrid-Galicia un ano máis tarde do previsto

Adif envía a proposta de liberalizar a alta velocidade Madrid-Galicia un ano máis tarde do previsto

O proceso culminará a finais de 2027, cando estaba previsto facelo en 2026

Anuncia novos corredores ferroviarios que conectarán tamén Madrid con Asturias e Cantabria e outro con Cádiz e Huelva

Esta oferta está composta por un máximo de 72 novos servizos diarios, dos cales 32 pertencerán ao corredor que unirá Madrid con Galicia

A liberalización permitirá complementar a oferta de alta velocidade Madrid-Galicia, que na actualidade presta Renfe A liberalización permitirá complementar a oferta de alta velocidade Madrid-Galicia, que na actualidade presta Renfe
G24.gal 30/09/2025 15:41

Adif e Adif Alta Velocidade (Adif AV/AV) enviaron aos operadores a proposta de oferta de capacidade para a liberalización de tres novos corredores ferroviarios que competirán con Renfe nas conexións de Madrid con Galicia, Asturias e Cantabria e outro con Cádiz e Huelva, segundo anunciaron este martes nun comunicado.

Este proceso dá inicio á segunda fase de liberalización do transporte ferroviario de viaxeiros iniciouse co envío aos operadores da proposta de oferta co obxectivo de abrir o proceso de recepción de solicitudes ao longo de 2026.

Esta oferta está composta por un máximo de 72 novos servizos diarios, dos cales 32 pertencerán ao corredor que unirá Madrid con Galicia, 24 á conexión entre a capital e Asturias e Cantabria e os 16 restantes á liña Madrid-Cádiz/Huelva.

A primeira oferta que culminou en 2020 incluía os corredores Madrid-Barcelona, Madrid-Comunidade Valenciana e Madrid-Sevilla/Málaga.

Con esta primeira oferta víronse beneficiadas 15 provincias e nesta segunda fase sumaríanse 13 máis, alcanzando case ao 70 % da poboación española.

Este envío realízase con carácter previo á publicación da oferta nunha modificación da Declaración sobre a Rede (DR) de Adif e Adif AV/AV de 2026, para que os operadores poidan realizar as súas observacións.

Esta publicación irá precedida, así mesmo, polo correspondente informe da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), tal e como establece a Lei do Sector Ferroviario.

Este proceso concluirá, previsiblemente, a finais de 2027 coa firma deses acordos marco. Será pois un ano máis tarde do que tiña previsto o administrador ferroviario.

Segundo destaca o administrador ferroviario, desde a apertura á competencia dos servizos de viaxeiros, que permitiu a chegada das operadoras Ouigo e Iryo, produciuse un crecemento da demanda nos diferentes corredores, especialmente intenso nos que operan tres empresas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar