Este luns pecha ao tráfico por obras un dos túneles da A-6 en Pedrafita
O corte vaise facer este luns entre as dez da noite e as seis da mañá no túnel de San Pedro e afecta a circulación sentido Madrid
As obras de modernización provocarán cortes de tráfico ata o xoves

Transportes vai realizar cortes en tres túneles da A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo. O primeiro deles será este luns pola noite, entre as 10 e as 6 da mañá, e afecta a circulación en sentido Madrid.
O túnel que se pecha é o de San Pedro, na contorna de Pedrafita, dentro da provincia de Lugo. Vaise mellorar a sinalización, a iluminación de emerxencia e a ventilación destes pasos. Tráfico habilitará desvíos pola Nacional VI.
O corte do martes será en dirección A Coruña.
O mércores o túnel afectado será o de Cereixal, entre os quilómetros 451 e 456 sentido A Coruña. Pecharase desde as 22.00 horas do mércores ata as 06.00 horas do xoves. As actuacións no de Pedrafita están previstas para a noite do xoves 10 e prolongaranse ata as seis da mañá do venres..
Os traballos tamén lle afectarán ao túnel de Pedrafita e do Cereixal.