Novas
Novas

Atopan na selva rastros dos nenos colombianos que levan un mes desaparecidos
31/05/2023 09:43
Os militares atoparon pegadas da nena maior, de 13 anos
Os catro pequenos levan desaprecidos un mes
A avioneta en que viaxaban esnafrouse na selva
Morreron todos os adultos que ían na nave, incluída a nai dos menores

O primeiro satélite espía de Corea do Norte esnáfrase no mar
31/05/2023 09:33
Alarma no Xapón e Corea do Sur
Corea do Norte recoñeceu que o lanzamento saíu mal
Pyonyang quere monitorizar a actividade de Estados Unidos na súa contorna

Ron DeSantis empeza a súa campaña para as primarias republicanas
31/05/2023 09:30
O primeiro acto do gobernador da Florida foi nunha igrexa evanxélica
Arremeteu especialmente contra a inmigración ilegal
Malia a súa popularidade, o favorito é Trump

Ataques nas zonas rusas de Belgorod e Krasnodar
31/05/2023 09:25
Incendio nunha refinería de Krasnodar, fronte a Crimea, tras un ataque con drons
Outro ataque de artillería en Belgorod causa cando menos un falecido
A Casa Branca di non apoiar os ataques en Rusia
Autoridades de exteriores de Reino Unido din que Ucraína ten dereito a usar as súas forzas cara a Rusia

Unha muller dá a luz en plena rúa de Madrid
31/05/2023 08:52
Auxiliouna unha enfermeira que pasaba pola zona

Suspendido o xuízo a Baltar pola folga da Administración de Xustiza e sen nova data
31/05/2023 08:50
Baltar estaba citado hoxe a declarar nos xulgados de Zamora
A Fiscalía pediu para el 1.800 euros de sanción penal e un ano e un día de retirada do carné de conducir

Unha tormenta asolaga o centro de Verín
31/05/2023 08:47
En menos dunha hora caeron 42 litros por metro cadrado

Mar en calma pola mañá, e á tarde aumenta o nordés no litoral norte
31/05/2023 08:00

Rueda critica a Sánchez por convocar as eleccións en plena ponte de Santiago "polo seu interese"
31/05/2023 07:52
Os socialistas din que cos resultados do domingo non habería goberno do PP na Xunta
Pontón acusa a Rueda de non ser capaz de gobernar e de permitir a corrupción en Ourense

A inflación dá por fin un respiro, por María Loureiro
31/05/2023 07:39
Volve pouco a pouco achegarse á zona do 2 % que ten como obxectivo o Banco Central Europeo