Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 75 % dos xuíces e fiscais secundan o primeiro día de folga contra as reformas do Goberno

O 75 % dos xuíces e fiscais secundan o primeiro día de folga contra as reformas do Goberno

Protestan contra o proxecto que modifica a Lei do Poder Xudicial e o anteproxecto de reforma do Estatuto do Ministerio Fiscal

Consideran que comprometen a separación de poderes e incrementan os riscos de politización da Xustiza

G24.gal 01/07/2025 13:17

Un 75 % dos xuíces e fiscais secundaron este martes o primeiro dos tres días de folga convocados polas cinco asociacións conservadoras contra as reformas xudiciais do Goberno, segundo informaron en conferencia de prensa os convocadores.

Protestan contra o proxecto que modifica a Lei do Poder Xudicial e o anteproxecto que reforma o Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal, ao considerar que "comprometen gravemente" a separación de poderes e a autonomía do Ministerio Fiscal" e que incrementa os riscos de politización da Xustiza.

O Ministerio de Xustiza anunciou que solicitará ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) e á Fiscalía Xeral do Estado que os informe dos xuíces e fiscais que secundaron a folga a fin de detraerlles o salario correspondente, despois de que o CGPX acordase por unanimidade que o paro carecía de base legal.

O CXPX non vai ofrecer datos de seguimento

O CXPX comunicoulle ao Ministerio de Xustiza que se remite ao acordo da semana pasada, polo que non tivo coñecemento da folga dos xuíces por non ter soporte normativo, polo que non vai solicitar datos de seguimento durante a súa duración.

Tamén informou de que ten constancia de que o Ministerio de Xustiza dirixiu unha comunicación aos secretarios do goberno dos órganos xudiciais para solicitar aos letrados das administracións públicas unha relación das actuacións que se celebrarán nestes días e se suspendan por inasistencia dos maxistrados e xuíces.

Por outro lado a portavoz do goberno, Pilar Alegría, mostrou este martes o seu respecto pola folga, mais deixou claro que o Executivo non vai renunciar á reforma da Xustiza, que para ela é unha maneira de mellorar e modernizar a xustiza.

Alegría recordou que o CXPX foi claro e contundente ao recordar que a folga non ten base legal, polo que non a deu por comunicada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade