Publicador de contidos

Publicador de contidos

A folga de 'handling' de Ryanair deixa efectos moi leves nas primeiras horas

A folga de 'handling' de Ryanair deixa efectos moi leves nas primeiras horas

Os traballadores que en terra asisten os pasaxeiros na facturación, o embarque ou o traslado de equipaxes denuncian abusos por parte da compañía irlandesa a acúsana de boicotear a protesta

G24.gal 15/08/2025 14:03

Os aeroportos españois viven desde hoxe unha das fins de semana máis intensas do ano. Entre hoxe e o domingo AENA prevé máis de 28.000 voos. Pero a xornada vén marcada pola folga dos servizos de handling de Ryanair. Son os traballadores que, en terra, asisten os pasaxeiros na facturación e o embarque ou o traslado de equipaxes.

A folga a apenas tivo incidencia de momento no aeroporto de Santiago. Está convocada noutros 17 aeroportos, para todas as xornadas de mércores, venres, sábado e domingo, ata fin de ano. Pero nestes primeiros días só por treitos horarios e ademais cuns servizos mínimos que para este mes de agosto o Ministerio de Transportes fixou entre o 76 e o 87 por cento.

De momentos, os efectos foron moi leves segundo recoñecían en Madrid-Baraxas os propios convocadores. Apenas houbo incidencias en aeroportos coma o do Prat, en Barcelona.

Entre os traballadores en folga non hai pilotos nin tripulantes de cabina. Son o persoal da Azul Handling, os que asisten en terra os usuarios da compañía irlandesa. Denuncian que Ryanair esta a boicotear a folga, Os traballadores din que están a recibir sancións por negarse a facer horas non obrigatorias, e tamén outras irregularidades en asuntos como a conciliación ou a incorporacións tras as baixas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade