Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CGPX abre outra investigación a Peinado por "abandono de deberes" nun caso que arquivou

O CGPX abre outra investigación a Peinado por "abandono de deberes" nun caso que arquivou

Abríronse dilixencias informativas tras unha queixa contra o maxistrado, que non cumpriu o prazo para prorrogar unha instrución que acabou arquivándose por este erro

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños (Foto de arquivo/Jesús Hellín/Europa Press) O ministro da Presidencia, Félix Bolaños (Foto de arquivo/Jesús Hellín/Europa Press)
G24.gal 21/08/2025 12:50

O Consello Xeral do Poder Xudicial abriu outras dilixencias informativas ao xuíz Juan Carlos Peinado, que se suman ás queixas do ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, por arquivar unha causa despois de que se lle pasase o prazo de instrución.

O deputado do PSOE Guillermo Fita presentou esta queixa contra Peinado nun procedemento por presunta malversación na empresa municipal de transportes de Madrid na organización dun acto, que foi arquivado despois de que se esgotase o prazo de instrución.

A queixa apunta ao "abandono de deberes" do xuíz por non prorrogar o prazo de instrución, a pesar de que llo pediron con tempo as acusacións populares.

Tras dar traslado ao xuíz para que formule as súas alegacións, o promotor deberá decidir se incoa un expediente sancionador ou arquiva a queixa se non aprecia irregularidade algunha por parte de Peiteado.

Estas dilixencias súmanse ás abertas contra o xuíz por dúas queixas presentadas polo ministro Félix Bolaños tras o seu interrogatorio como testemuña e pola exposición razoada enviada ao Tribunal Supremo na causa que investiga a Begoña Gómez, esposa do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade