Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Lugo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Lugo .

Lugo

Buscan un home que supostamente acoitelou na cara outro varón no centro histórico de Lugo

08/04/2024 12:42

Segundo denunciou a vítima, o presunto agresor achegouse a el armado cun obxecto punzante e, sen máis, atacouno facéndolle un corte no rostro

Debido á gravidade da ferida, a vítima precisou atención médica e recibiu dez puntos de sutura



Rompen retrovisores en varios vehículos estacionados na rúa en Lugo

08/04/2024 12:33

Descoñécese de momento quen puido ser o autor ou autores

Non é a primeira vez que se dá o caso nesta zona de Lugo


Foto de arquivo da Garda Civil

Detida unha veciña de Lugo por conducir durante 25 anos cun carné falso

08/04/2024 12:31

A Garda Civil retiroulle o documento tras percibir incoherencias nos seus datos


Visita oficial do presidente de Cabo Verde: "Estar en Galicia é como estar na casa"

07/04/2024 21:01

Pereira Neves estivo en Burela, onde reside unha importante comunidade caboverdiana dende hai máis de corenta anos

Categorías:  Galicia   Burela   Política
Etiquetas:  VISITA OFICIAL

Andaina entre Palas de Rei e Santiso contra o proxecto de Altri na zona

07/04/2024 13:24

Unhas 400 persoas amosaron o seu rexeitamento á instalación da fábrica na comarca

A empresa asegura está a traballar nun plan de formación para a mocidade interesada en formar parte do proxecto


Rexistrado un tremor de 2,9 graos con epicentro no concello de Pantón

07/04/2024 12:42

É o quinto movemento sísmico que se produce nesta parte da provincia de Lugo no que vai de ano


Os nenos sacan en procesión réplicas dos pasos orixinais da Semana Santa de Viveiro

06/04/2024 21:07

É unha cita que se mantén desde hai anos organizada polos veciños do barrio do Campo da Urraca

Preto de douscentos rapaces participan no evento, que percorre as rúas do centro 


Comeza unha nova edición da MOEXMU en Cospeito, a feira de referencia na gandería

05/04/2024 20:13

A feira e mostra chega aos 40 anos cunha asistencia masiva de participantes

O gando vacún e a maquinaria agrícola volven ser os protagonistas


As residencias de Lugo e Santiago impulsadas pola Xunta e a Fundación Amancio Ortega abrirán en maio

05/04/2024 14:47

Alfonso Rueda inaugurou este venres a sede da de Lugo acompañado pola presidenta da Fundación Amancio Ortega


A proliferación de fochas e de afundimentos do firme provocan riscos na rolda do Carme, en Lugo

05/04/2024 12:36

Sinalan como causas a chuvia, o intenso tráfico e o estreitamento da vía polo carril bici

Etiquetas:  FOCHANCA

Foto @CBBreogan

O Breogán e o Palencia protagonizan un duelo dramático no Pazo

05/04/2024 12:06

O técnico croata, Veljko Mrsic, está pendente da evolución do lituano Martynas Sajus

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Alcoa ve "incerto" o éxito da venda da factoría de San Cibrao e avoga por medidas laborais

05/04/2024 11:39

A multinacional norteamericana do aluminio di que tanto o Goberno como a Xunta participarán no proceso


Municipios galegos con prisións piden unha contraprestación por dar este servizo

04/04/2024 18:56

Os cinco alcaldes acordaron solicitar audiencia co secretario xeral de Institucións Penais

Din que soportan o custo de servizos como o mantemento das redes viarias de acceso aos centros, o abastecemento de auga ou a xestión de residuos

Falan do "impacto negativo" que teñen nos medios e redes sociais cando falan deles 


Foto @CBBreogan

Mrsic asume a presión, pero non ve o partido ante Palencia como "unha final"

04/04/2024 16:47

Mrsic: “Gústanme este tipo de partidos, non me gusta o do ano pasado porque no últimas cinco xornadas non xogamos por nada”

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

A familia real belga fai base en Sarria para percorrer parte do Camiño

04/04/2024 15:05

Cada ano fan un treito do Camiño en familia. Comezaron en 2017 en Roncesvalles, e prevese que o vindeiro ano completen a etapa ata Santiago.


Tres meses despois do atraco a un despacho de loterías en Lugo, seguen a investigarse os feitos

04/04/2024 13:28

O loteiro denunciara o roubo de 400.000 euros, pistola en man, por uns encapuchados

O caso dera un xiro en febreiro, cando o denunciante fora citado a declarar nos xulgados


Alcoa conta con ter en xuño ofertas vinculantes de compra para San Cibrao

04/04/2024 13:21

Xunta e Goberno emprazáronse a pechar un acordo de confidencialidade con Alcoa para unha comunicación entre compañía e ambos os executivos "no exame de ofertas" e "seriedade de empresas"

O comité remarcou que non van modificar o acordo de viabilidade asinado nin tampouco vai permitir "que Alcoa acceda ao depósito financeiro"

Etiquetas:  ALCOA

Queixas no Corgo polos cortes de luz, que moitos achacan ás cegoñas

04/04/2024 12:34

Algúns veciños cren que as aves provocan os apagamentos ao facer os niños nos postes

Os cortes poden durar horas e condicionan a vida e os negocios do concello


Greenfiber lanza unha web da fábrica de Altri en que nega ser unha celulosa para papel

03/04/2024 18:43

Asegura que se nutrirá de eucalipto "excedentario" e que "non será necesario incrementar" a superficie desta especie


Cortado por obras o paso a nivel de Reboredo, en Monforte de Lemos

03/04/2024 14:03

A circulación está desviada ata o vindeiro 15 de abril, cando se prevé que reabra


Arquivo/Xulgado de Lugo

Unha muller de Lugo perde a custodia da filla tras acusar a profesora de torturas

03/04/2024 11:09

A mestra denunciouna por inxurias e calumnias

Etiquetas:  TRIBUNAIS

O sector forestal galego supón 25.000 empregos e o 1,6 % do PIB autonómico

02/04/2024 19:18

A Xunta empregará estruturas de madeira no 20 % dos seus edificios públicos

En Galicia córtanse cada ano 11 millóns de metros cúbicos


Condenada a tres anos de cárcere a muller de Burela que tentou matar unha veciña cunha machada

02/04/2024 15:57

A acusada recoñeceu os feitos e cumprirá condena nun centro adecuado á súa "anomalía psíquica"


Renfe suprime unha das liñas diarias de Lugo a Madrid

02/04/2024 14:07

Lugo xa é a cidade galega con menos conexións ferroviarias, agora quedará só con tres á capital

Os novos horarios entrarán en funcionamento o luns e tamén afectarán as frecuencias de volta

Etiquetas:  TREN   RENFE

Asaltan en Lugo o bar dunha muller que acababa de finar

02/04/2024 13:13

Ao día seguinte do enterro da dona desvalixaron o negocio e mais a vivenda da falecida

Etiquetas:  ROUBOS

Un negocio familiar de biscoitos que leva funcionando dende 1740 en Samos

01/04/2024 19:24

Fan pequenos doces con ovo, fariña e azucre en Samos

Non teñen nin web, nin redes sociais nin entrega a domicilio


Este luns tiña que completarse o rearranque de Alcoa, pero a empresa non o confirmou

01/04/2024 16:12

O Comité de empresa pídelle información á dirección


Queixas polo mal estado do estacionamento público ás portas do Hospital de Lugo

01/04/2024 14:32

A federación veciñal pide que se asfalte a zona, en que contabilizaron máis de 250 fochancas


Unha serie de avarías na traída deixan sen auga varias parroquias de Viveiro

01/04/2024 13:34

Landrove e Magazos quedaron sen servizo coincidindo coa ponte da Semana Santa


Tras un ano, aínda non declarou o condutor do coche en que morreron catro mozos en Xove

01/04/2024 10:05

Os seus avogados alegan, con informes médicos, que non está en condicións de facelo

O instrutor do caso pediu que sexa examinado por un forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga)


Portomarín enxalza a súa augardente nunha festa con máis de 50 anos de historia

31/03/2024 19:29

Apoio popular e institucional a unha tradición ancestral

Etiquetas:  FESTAS

A procesión do Encontro de Resurrección de Viveiro sae a pesar da chuvia

31/03/2024 15:15

É unha das máis antigas da Semana Santa desta vila, declarada de Interese Turístico Internacional

Representa o encontro de Xesús resucitado coa súa nai, acompañada por San Xoán


A botica da Fonsagrada con máis dun século que parece un museo

31/03/2024 13:32

A dona actual conserva o mobiliario, as menciñas e o instrumental tal e como os deixou a súa avoa


Reabre a praia das Catedrais tras o paso do temporal que obrigou a pechala dous días

30/03/2024 20:58

Este sábado retomáronse as visitas ao areal, e para este domingo aínda quedan reservas

Ante o risco de que caesen rocas, o Concello pechou o acceso o Xoves e o Venres Santo


O sector hoteleiro de Viveiro despide a Semana Santa satisfeito coa ocupación

30/03/2024 14:54

Os hoteis do centro da vila están completos durante a fin de semana

Noutros establecementos a ocupación roza o 80 % dende o xoves

 

 


O Camiño de Santiago mantén o pulo na Semana Santa malia a choiva e a neve

30/03/2024 14:43

En Pedrafita do Cebreiro os camiñantes enfrontárose a unha neve coa que non contaban nesta época

O chuvasqueiro é unha prenda imprescindible nestes días

 


A neve convértese nun dos grandes reclamos turísticos destas festas

30/03/2024 14:25

Moita xente escolleu Pedrafita do Cebreiro para pasar a Semana Santa


A neve encheu de visitantes o alto do Cebreiro

29/03/2024 19:22

Milleiros de persoas acudiron gozar dunha nevarada inesperada nesta época

Agárdase que os turistas sigan chegando durante a fin de semana


Os catro equipos da 1ª Federación buscarán un pleno de vitorias como na última xornada

29/03/2024 17:40

O Deportivo xoga en Cornellá; o Celta Fortuna, en Tarazona, e o Lugo, en León 

O Arenteiro é o único que xoga na casa. Recibe o filial da Real Sociedade.

Publicidade
Publicidade