Cargando resultados...
As cámaras de vixilancia identifican un condutor que fuxiu de varios accidentes en Lugo
Ademais de ser sancionado, retiróuselle o carné durante tres anos e terá que indemnizar a vítima do último accidente

G24.gal
26/06/2025 13:47
Trátase dun mozo de 19 anos, que ten o permiso retirado tras circular a 132 quilómetros por hora nunha zona da cidade limitada a 50. Hai unhas semanas viuse implicado nunha colisión nunha rotonda e fuxiu.
A investigación permitiu saber que non era a primeira vez. As imaxes axudaron a reconstruír os seus movementos e polo menos estivo implicado noutros dous sinistros máis. Está investigado por catro delitos contra a seguridade viaria.
O caso xa foi a xuízo rápido. Ademais de ser sancionado, retiróuselle o carné durante tres anos e terá que indemnizar a vítima do último accidente.