Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empezan as rebaixas de verán

Empezan as rebaixas de verán

O xigante Inditex empezou esta mañá coas ofertas nas tendas físicas

Outros comercios xa adiantaran os descontos en días anteriores

 

G24.gal 26/06/2025 13:32

Mañá de compras, de cargar con bolsas e pasear de tenda en tenda. É tempo de rebaixas, e moitas persoas xa lles botaron un ollo.

Unha moza comenta que vai facer unha devolución e mercar. Outra cambiou unhas sandalias e outra camiseta, non era de ofertas, pero si hai, asegura. Outra agardaba máis.

Nas segundas rebaixas xa hai quen está. Dende 2012 os comercios poden fixar as datas que prefiran. As grandes cadeas de téxtil marcan o ritmo. 

Varias persoas explican o que mercaron: pantalóns, vestidos, camisetas. Lembramos as recomendacións para estas compras: facer unha lista do que se precisa, mirar que o prezo vello estea co rebaixado e ter claras as condicións de devolución.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade