Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a andar o proxecto Vilas Vivas, con tres novas tendas que abren en Ribadavia

Bota a andar o proxecto Vilas Vivas, con tres novas tendas que abren en Ribadavia

É un proxecto piloto impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración cos Concello e tamén coa colaboración da veciñanza que puxo a disposición os baixos e locais que estaban en desuso

O obxectivo é revitalizar a actividade comercial nas zonas históricas das vilas

Este venres día 5 inaugúranse tres tendas, unha de repostería sefardí e arte, outra de repostería galega e un colmado con produtos con selo, IXP e Denominacións de Orixe

Por agora abren tres comercios, pero hai baixos dispoñibles para unha ducia
G24.gal 04/12/2025 15:09 Última actualización 04/12/2025 15:44

Este, situado ao carón da igrexa da Madalena, e é un dos baixos que estaban en desuso na zona histórica de Ribadavia e agora acolle un dos tres novos establecementos comerciais. Así bota a andar o proxecto pioneiro Vilas Vivas.

Ademais da repostería sefardí, tamén haberá outra tenda de repostería artesá galega cun obradoiro de chocolate e unha tenda con produtos con selo, IXP e denominacións de orixe galegas.

Vilas Vivas é un proxecto piloto impulsado pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade