Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova pelexa ás portas dun 'after' conflitivo de Lugo

Nova pelexa ás portas dun 'after' conflitivo de Lugo

Un home tivo que ser trasladado ao hospital logo de recibir unha malleira e quedar malferido tirado no chan

Os veciños levan tempo denunciando a situación e piden que se faga un maior control das licenzas coas que contan estes locais e que non se axustan á actividade que desenvolven
 

G24.gal 24/06/2025 14:45

Nove da mañá, e a puñada limpa en plena rúa. Na pelexa participan varias persoas, unha delas tras recibir varios golpes acaba malferido na chan e o resto de implicados foxen do lugar. A escena gravouse de novo ás portas deste after. Un establecemento que acumula numerosas denuncias e onde as pelexas se repiten todas as semanas.  

"Están aquí borrachos tirándose e pegándose. Que fan a policía e o Concello?, que precinten o bar", conta un veciño. 

Hai dúas semanas a policía fixo unha nova redada, pero este tipo de intervencións non intimida nin a propietarios nin clientes. 

 "Atoparon moitas infraccións como exceso de ocupación, armas brancas e consumo de drogas", explica Fernando Toubes da Plataforma SOS Milagrosa.

Os veciños están cansos, teñen medo e problemas para conciliar o sono. 

"Todos os días e as fins de semana peor, aquí estamos que a xente non aguanta", explica un veciño.

Os veciños levan tempo denunciando que a actividade do local nada ten que ver coa súa licenza. Chegaron a precintalo e pechalo pero sempre volve abrir. 

"O que pasa é que si o concello permite unhas licenzas para facer unha actividade totalmente distinta e ao mesmo tempo prexudica a veciñanza", engaden desde a Plataforma SOS Milagrosa.
 

Piden unha maior implicación das administracións, máis control das licenzas e horarios e tamén policial. Os problemas con este establecemento veñen de vello, desde o 2007.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar