Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dun edificio de Vigo teñen o ascensor avariado tres veces á semana

Veciños dun edificio de Vigo teñen o ascensor avariado tres veces á semana

Os veciños de Camelias 43 en Vigo están fartos de quedar atrapados no elevador ou ter que subir a pé

G24.gal 24/06/2025 13:59

Os veciños do número 43 da céntrica rúa Venezuela de Vigo sofren as avarías do seu ascensor dúas ou tres veces á semana. Están desesperados porque ás veces os técnicos tardan unha hora en chegar e o ascensor é novo e custoulles 80.000 euros. A algúns deles xa lles deu un ataque de ansiedade.

Desde que cambiaron o ascensor hai un ano e medio, a vida dos veciños da rúa Camelias é un pesadelo. Avaríase unha media de dúas veces á semana, algunhas con eles dentro. Uns dos máis afectados son María e Roi, que teñen dous fillos moi pequenos. Están fartos de subilos no colo ou dacabalo ademais de subir a compra e as bolsas e cubos de praia. Viven no oitavo andar.

A vida de todos os residentes faise moi difícil. Ás veces agardan na rúa ou nunha cafetería coa compra a que volva a funcionar. Ou volven de traballar na quenda de noite atópanse sen servizo. Están convencidos de que o problema é estrutural e que teñen que cambiar o elevador. Ademais temen que con tantas dilacións acaben quedando sen garantías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade