Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suso Garrido, adestrador do Ensino: "Primeiro a permanencia e logo mirar cara a arriba"

Suso Garrido, adestrador do Ensino: "Primeiro a permanencia e logo mirar cara a arriba"

Suso Garrido é o novo primeiro adestrador do Ensino despois de tres tempadas como segundo técnico conseguindo tres permanencias

G24.gal 24/06/2025 12:02 Última actualización 24/06/2025 12:19

Suso Garrido é o novo primeiro adestrador do Ensino despois de tres tempadas como segundo técnico conseguindo tres permanencias. O Ensino xa pechou o equipo, a cal está composta pola base Alessandra Orsili; as bases-escoltas Alicia Flórez e Nhug Bosch; a escolta Imani Tate; a escolta-alera Zoe Hernández; as aleiras e á-pivotes Jessica Fequiere e Maimouna Haidara; a ala-pivote Elba Garfella; e as pivotes Lydia Giomi e Hennie van Schaik.

"Este ano mesturamos veteranía e xente nova".

"Xa non hai só tres equipos que marquen a diferenza. Hai máis proxectos que ilusionan".

"Nós queremos ser ambiciosas. Primeiro a permanencia e logo mirar cara arriba".

O seu nome é sinónimo de Carmelitas e do traballo coas xogadoras da base ourensá durante anos e en diferentes etapas. No verán do 2022 subíase ao tren do Ensino. Un crecemento constante nun equipo que este ano finalizou a competición no posto 12, cun balance de 11 triunfos e 19 derrotas e que traballará este verán para tratar de conformar un equipo competitivo nunha liga que non baixa o nivel, todo o contrario, e que ademais de Raquel Carrera e Paula Ginzo sobre a pista, terá acento ourensán tamén no banco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar