A familia Vilariño levou a Sarriana desde a 3.ª Autonómica ata a 2.ª RFEF
O club desapareceu en 2008 e da súa man vive os momentos de maior esplendor futbolístico de toda a historia da vila
A Sarriana resucitou de entre os mortos co seu ascenso a Segunda Federación. Desaparecido e liquidado en 2008, o club refundouse a temporada seguinte partindo da Terceira rexional ata acadar o quinto ascenso en dezaseis anos.
A crónica deste milagre recóllese nun libro de familia protagonizado por tres persoas. O director deportivo Xosé Luís Vilariño, encargado de sentar as bases do proxecto cunha liña clara. Dous dos executantes desa idea son o seus fillos. Keko, autor do dous a un ante o Pulpileño, o seu último gol coa Sarriana, da que marcha por motivos laborais. E o seu irmán Jacobo, co que comparte tarefas na dirección do xogo.
Ambos destacan a tarefa do pai tanto de ideólogo como de implacable negociador. E os tres son optimistas co futuro da Sarriana na Segunda Federación.