Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán incorpora a Francis Alonso, base procedente do Estudiantes

O Breogán incorpora a Francis Alonso, base procedente do Estudiantes

Coincidiu en Unicaja con Luis Casimiro

A pasada campaña asinou unhas medias de 9,7 puntos, 1,7 rebotes e 1,2 asistencias cun 45,7% en triplas en 18 minutos de xogo

G24.gal 24/06/2025 19:28 Última actualización 24/06/2025 19:33

Francisco Fernando Alonso Martínez é un base de 29 anos e 1,91 m, formado nas categorías inferiores de Unicaja Málaga antes do seu destacado paso polo baloncesto norteamericano, onde xogou no Instituto Cushing Academy e na Universidade de Greensboro. Alí destacou desde o seu primeiro ano, completando o seu ciclo na NCAA con rexistros históricos, batendo o récord de triplas da universidade e sendo MVP da súa conferencia en 2018 e membro do quinteto ideal en 2018 e 2019.

En 2019, Unicaja ficha o xogador, que xogaría cedido en Fuenlabrada e Oviedo na tempada 2019/2020.

Nas tempadas 2020/21 e 2021/22, participa na Liga Endesa formando parte do Unicaja, onde coincide na súa primeira campaña con Luis Casimiro e onde xoga máis de 15 minutos por encontro (7,9 puntos e 1,3 rebotes en 36 partidos na 20/21, e 6 puntos e 1,3 rebotes en 31 partidos na 21/22).

Na tempada 2022/23 xogou no Bilbao Basket promediando 6,5 puntos, 1,6 rebotes e 0,8 asistencias en 25 partidos.

Nas dúas últimas tempadas formou parte do Movistar Estudiantes e na pasada campaña asinou unhas medias de 9,7 puntos, 1,7 rebotes e 1,2 asistencias cun 45,7% en triplas en 18 minutos de xogo nos 43 partidos disputados.

Francis Alonso foi internacional con España en todas as categorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade