Novas

Convenio entre a Xunta e Agaela para atender pacientes de ELA a domicilio en Galicia
27/06/2025 21:13
A Consellería de Política Social asinou coa Asociación de Afectados por ELA un convenio de cen mil euros que permitirá atender pacientes en toda Galicia

Publícase un decálogo de boas prácticas para conservar a ameazada píllara das dunas
27/06/2025 20:44
Entre as medidas figuran o uso dos pasos sinalizados, non deixar lixo nos areais e evitar levar mascotas

Collen protagonismo as brétemas costeiras
27/06/2025 20:35

Rueda define o Álvaro Cunqueiro como "símbolo" da sanidade pública galega no seu décimo aniversario
27/06/2025 20:35
O hospital rexistrou máis de 358.000 ingresos e 1,8 millóns de atencións en urxencias dende 2015
A Xunta anuncia novos servizos e destaca os avances tecnolóxicos e en investigación do centro

Trump rompe a negociación comercial co Canadá
27/06/2025 20:34
Os EUA vén o imposto aos servizos dixitais das tecnolóxicas coma un ataque "directo e flagrante"
O presidente acusa o país veciño de copiar a UE o gravame
O ministro de Finanzas francés xa advertira da obrigatoriedade de abonar o imposto dixital vixente no Canadá antes do luns 30 de xuño

27/06/2025 19:40
A maioría conservadora considera as paralizacións como un abuso de competencias
A parte liberal do tribunal reprocha aos maxistrados que cedan ante os desexos do presidente
Trump celebra a decisión como un paso máis para eliminar o dereito a cidadanía por nacemento

Trump afirma que España acabará destinando o 5 % do PIB a defensa
27/06/2025 19:16
Critica o Goberno español por desmarcarse do acordo da OTAN sobre o novo obxectivo de gasto
O líder republicano ameaza con esixir compensacións a Madrid se non cumpre

A xuíza pide á UCO que investigue o mozo de Ayuso tras reafirmarse nos indicios de corrupción
27/06/2025 18:23
Cre que hai indicios de que González Amador comprou unha sociedade co obxecto de ocultar unha comisión
Esa sociedade sería empregada despois pola empresa de Amador para simular ser prestadora de servizos, pese a non ter medios

A selección española xogará a final do Eurobásket feminino
27/06/2025 18:21
Derrotou a Francia nunha semifinal moi apertada que se decidiu no último segundo (65-64)

O xuíz arquiva por segunda vez a causa contra Mónica Oltra ao non ver indicios de delito
27/06/2025 18:08
Reitera que "ninguén debe ser xulgado sen indicios racionais de criminalidade"
O auto coincide co criterio da Fiscalía e refuta as acusacións baseadas en conxecturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte
27/06/2025 17:45
O novo tramo terá unha lonxitude de 5,5 quilómetros
A administración autonómica prevé un investimento de 36,4 millóns de euros
Allegue subliñou o compromiso da Xunta cunha Galicia "vertebrada, ben comunicada e cunhas infraestruturas sostibles e seguras"
.png)
Falece un home tras ser rescatado inconsciente da auga en Viveiro
27/06/2025 17:18
O suceso tivo lugar na praia de Celeiro

Evacuadas cinco persoas polo choque dun turismo e un camión en Cerceda
27/06/2025 17:08
Unha foi trasladada en helicóptero e as outras catro en ambulancia

Booking elimina máis de 4.000 anuncios ilegais de pisos turísticos a petición de Consumo
27/06/2025 16:56
A maioría destes anuncios eran de aloxamentos nas illas Canarias
Os incumprimentos inclúen a ausencia do número de rexistro obrigatorio, a inclusión de números falsos ou incorrectos e a falta de información sobre a natureza xurídica dos arrendadores

Preto de 7.000 efectivos participarán na loita contra os incendios en Galicia este ano
27/06/2025 16:23
Entre as novidades, aumenta o tempo de traballo do persoal da Xunta ata os 8 meses
Instáurase a figura do xefe de loxística para xestionar o avituallamento, coordinar o aloxamento do persoal e supervisar as comunicacións
Lembran que a cidadanía pode colaborar chamando ao servizo gratuíto 085 en caso de detectar un incendio forestal

O Concello de Vigo garante finalmente a celebración das festas de Coia
27/06/2025 16:20
O Goberno local asumirá os custos polas perdas da comisión tras a retirada de atraccións sen permiso
Non se instalarán atraccións que incumpran a normativa de seguridade vixente

27/06/2025 16:20

O Goberno prevé iniciar en agosto os traslados de menores migrantes pese á oposición do PP
27/06/2025 16:08
Sira Rego lamenta o bloqueo das comunidades gobernadas polos populares e pide "colaboración"
A Conferencia Sectorial aproba repartir 22 millóns entre Canarias, Ceuta, Melilla e Baleares

A UE pacta crear unha autoridade aduaneira para reforzar o control comercial
27/06/2025 15:54
Os estados membros tamén impulsarán un centro de datos común para rexistrar importacións e exportacións
O acordo busca modernizar a Unión Aduaneira ante o aumento do comercio electrónico

27/06/2025 15:45
Agárdanse temperaturas por riba dos 35 graos no interior entre o sábado e o luns
A Consellería de Sanidade publica recomendacións para os grupos máis vulnerables

Desarticulan un dos principais puntos de venda de droga polo miúdo en Vilanova
27/06/2025 15:31
Cinco persoas foron detidas en Vilanova e Vilagarcía durante a operación Ninja II
O grupo distribuía droga a outras localidades e atendía medio cento de persoas ao día
.png)
Cáelles formigón por enriba a unhas mozas que estaban na terraza dun bar de Santiago
27/06/2025 15:08
Caeu dun edificio en obras próximo ao bar e dende unha altura aproximada duns 20 metros
A afectada mancouse en varias zonas do corpo e tivo que tirar con toda a roupa que levaba posta

Comer na praia: un pracer con risco de intoxicación
27/06/2025 14:56
A calor favorece a proliferación de bacterias e microorganismos
Cómpre levar neveira, evitar alimentos crus e levar a froita sen cortar

O verán quenta os pequenos furtos: cal é o produto máis roubado en Galicia?
27/06/2025 14:50
Os roubos de pouco valor son uns dos delitos que menos se esclarecen, só un de cada cinco
O artigo preferido polos ladróns en España son as cremas para o sol

Gómez Noya e Pablo Dapena lembran a fazaña de 2019 para o tríatlon galego
27/06/2025 14:46
Os dous deportistas volven á liña de meta na que lograron o título e subcampionato mundial en longa distancia conseguido hai seis anos
Este domingo repítese a proba no mesmo escenario

Comeza na Coruña o Trofeo Presidente da Xunta de vela
27/06/2025 14:31
A competición constará de cinco etapas. Comezará na Coruña e terá probas en Ares, Portosín, Baiona e Sanxenxo.

A aldea do Puxedo, en Lobios, é exemplo de loita contra o feísmo en Galicia
27/06/2025 14:30
O presidente da Xunta destacou que a meta é transformar outros lugares de Galicia para que sexan mellores sitios para vivir e visitar
As axudas do programa de corrección de impactos paisaxísticos nos últimos anos achéganse aos 12 millóns de euros

Robles: "A morte de miles de nenos en Gaza é inaceptable"
27/06/2025 14:29
O Ministerio de Exteriores convoca o encargado de negocios da embaixada de Israel en España

Nova mostra da Fundación Marta Ortega, dedicada ao británico David Bailey
27/06/2025 14:26
É a primeira retrospectiva do británico que se pode ver en España
Bailey é un dos referentes da fotografía de moda, pero tamén un retratista excepcional

27/06/2025 14:20
Algúns comezaron a competir hai xa dezaseis anos
Na súa mochila virtual levan moita ilusión e moitas ganas de facelo ben

Unha das dúas únicas explotacións de magnesita de España está no concello lugués do Incio
27/06/2025 14:17
A magnesita ten múltiples usos tanto industriais como alimentarios. É un dos ingredientes que se emprega na produción de pensos para animais.
O xacemento do Incio leva máis de 60 anos activo e as prospeccións estiman que ten mineral suficiente para que a explotación continúe activa outros 25 anos máis

A autopsia da galega morta en León desmonta a versión da parella dun atropelo
27/06/2025 14:14
A muller, de 44 anos, morreu dunha hemorraxia interna e tiña golpes que non se corresponden cun atropelo
A Policía Local de Villaquilambre intensifica os interrogatorios para aclarar as causas da morte

O Betis fala do futuro de Borja Iglesias: "Ten contrato, non o imos regalar"
27/06/2025 14:12
Manu Fajardo, director deportivo do club andaluz, asegurou que "o club que o queira terá que negociar"

Besteiro dá por pechada a crise no grupo socialista da Deputación de Lugo
27/06/2025 14:09
O presidente da Deputación, José Tomé, e Iván Castro, deputado e exaspirante á secretaría xeral do partido en Lugo, evitaron referirse á situación que se viviu nos últimos días

O bonito do norte empeza a abundar nas peixerías e vai máis barato
27/06/2025 14:09
Os primeiros bonitos sempre van mais caros. Esta semana foi importante a baixada de prezos nas peixerías.
Un produto moi versátil co que se poden facer moitas receitas frescas para o verán

Isabel Pantoja e Bertín Osborne entran na lista de morosos con Facenda
27/06/2025 13:59
Quedan fóra da lista deste ano o Real Murcia, que debía 6,3 millóns, Afinsa (1,5 millóns) e catro sociedades do grupo Polaris

Unha panadaría compostelá di estar abocada a pechar os luns por falta de persoal
27/06/2025 13:52
Os propietarios aseguran que decidiron optar polo peche un día á semana para non sobrecargar o cadro de persoal e manter a calidade do produto

Vicky Vázquez renova como adestradora das Celtas
27/06/2025 13:49
No seu primeiro ano no club conseguiu o ascenso á Segunda Federación

O xuíz rexeita a petición de Cerdán de retransmitir a súa comparecencia do luns
27/06/2025 13:27
A petición resulta inconciliable coa lei e podería presentar perfís delituosos
O maxistrado explicou que están a loitar contra as filtracións e isto non axudaría

O Goberno di que "tratará de dar unha solución" aos residuos radiactivos da Foxa Atlántica
27/06/2025 12:55
A Xunta pide ao Consello de Seguridade Nuclear información sobre a expedición oceanográfica francesa que, segundo sinala, "localizaría máis dun milleiro de bidóns con residuos radioactivos en fondos mariños fronte á costa galega"
Greenpeace urxe a UE e Goberno a asumir a investigación de 220.000 bidóns radioactivos