Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo dos EUA limita as competencias dos tribunais federais para paralizar as ordes executivas de Trump

O Supremo dos EUA limita as competencias dos tribunais federais para paralizar as ordes executivas de Trump

A maioría conservadora considera as paralizacións como un abuso de competencias 

A parte liberal do tribunal reprocha aos maxistrados que cedan ante os desexos do presidente

Trump celebra a decisión como un paso máis para eliminar o dereito a cidadanía por nacemento

REUTERS/Ken Cedeno REUTERS/Ken Cedeno
G24.gal 27/06/2025 19:40

O Tribunal Supremo dos EUA concedeu este venres unha vitoria legal á Administración Trump ao limitar as competencias dos tribunias federais á hora de paralizar as cuestiondas ordes executivas.

Varios tribunais federais anunciaron a paralización das medidas de Trump, principalmente no que se refire a migración. Os maxistrados ordenaron suspender as deportacións e expulsións de migrantes a cárceres como a do Salvador. Estas resolucións recibiron queixas por parte do presidente estadounidende que as cualificou de "medidas cautelares a nivel nacional".

Identificáronse ata 25 casos de finais de xaneiro a finais de abril nos que un xuíz federal emitiu unha orde de alcance nacional. Inclúen temas de diversidade, equidade, inclusión e a cidadanía por nacemento, entre outros.

No ditame, a maioría conservadora do Supremo determina que "se un tribunal conclúe que o poder executivo actuou de maneira ilegal, a resposta non é que o tribunal exceda tamén o seu poder".

"Os tribunais federais non exercen unha supervisión do poder executivo", engaden.

A parte liberal do tribunal respondeu a través da xuíza Sonia Sotomayor que acusa ao presidente de converter a Constitución nunha "burla solemne" e reprocha aos xuíces conservadores que cedan ante os desexos de Trump.

Trump celebra a decisión como un paso máis para eliminar o dereito a cidadanía por nacemento

Donald Trump, clamou vitoria este venres dende Truth Social tras a concesión do Supremo no que considera un paso máis na súa cruzada por eliminar o dereito a cidadanía por nacemento nos EUA. O presidente pretende reanudar as políticas en suspensión tras a paralización da xustiza.

Nunha rolda de prensa improvisada na Casa Branca xunto á fiscal xeral, Pam Bondi, o presidente agradeceu ao Supremo.

"Grazas por esta decisión. Agora podemos presentar con prontitude a solicitude para proceder con numerosas políticas que foron prohibidas indebidamente a nivel nacional", indicou o gobernante, cuxa orde executiva busca negar a cidadanía estadounidense a fillos de pais indocumentados ou con visados temporais.

A fiscal xeral dos EUA, Pam Bondi (REUTERS/Ken Cedeno) A fiscal xeral dos EUA, Pam Bondi (REUTERS/Ken Cedeno)

Nesa mesma comparecencia na Casa Branca, a fiscal xeral estadounidense, Pam Bondi, celebrou a fin do "aluvión interminable de ordes xudiciais" contra o presidente e fixo saber que seguirá defendendo as políticas de Trump e a súa "autoridade para implementalas".

A orde executiva para limitar a cidadanía por nacemento, en todo o país mentres se revisan os casos, deberá entrar en vigor 30 días despois da data do fallo, segundo a opinión do Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade